Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – C.D. CHOCO (3-2)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Sería unha inxustiza se os tres puntos non se quedasen no Poboado no partido que esta tarde disputaron o As Pontes e o Choco, dous equipos que aspiran estar na promoción de ascenso de categoría, un “play off” que, a falta de cinco xornadas para o final, está moi axustado entre seis equipos. Como sinalamos, merecida e traballada vitoria do As Pontes sobre o Choco, equipo que visitaba As Pontes despois de 41 anos. Na primeira parte, maior dominio local, aínda que sen claro perigo na portería visitante. Puido adiantarse o As Pontes no minuto 17 nun bote do balón que lle pasa por riba a Cortegoso e Saúl, en última instancia manda a córner antes de que chegue David Amado para marcar a porta baleira. No minuto vinte o árbitro anulou un gol do Choco por claro fóra de xogo. Cinco minutos despois Aitor envía fóra un saque de esquina lanzada por Bossa. Noutro saque de esquina Nano envía de cabeza o balón un pouco alto. Outra oportunidade do As Pontes chegou no minuto 34 cando Bossa manda un forte disparo que a piques estivo de sorprender o meta Cortegoso que se atopaba un pouco adiantado. Nos instantes finais deste primeiro tempo, un posible penalti na área do Choco por mans dun defensor, non sinalado polo colexiado pontevedrés, e un barullo na área visitante que Amado tirou contra un defensor redondelán.
Na segunda metade foi cando se veu o mellor xogo e o marcador estivo máis movido, con cinco goles anotados. Sería o primeiro a cinco minutos do inicio nun pase longo de Bossa que culminou xenialmente Sergio Arias. Empataron os visitantes nun penalti feito por David Amado, que foi expulsado, sobre Caloi. O ex internacional Pablo Couñago mandou o balón fóra do alcance de Marcos. Sen embargo, uns minutos despois, o mellor xogo do As Pontes, en inferioridade numérica, tivo o seu premio nun forte disparo de Iván que desviou un defensor redondelán. A partir de aí, acoso do Choco, pero o As Pontes defendíase ben. Sergio Arias poñía un tranquilizador 3-1 no minuto 70 a pase de Chicho. Sen embargo, a inquietude chegou co segundo gol do Choco nun lanzamento de Saúl que desviou un defensor local despistando a Marcos e o esférico introduciuse na porta local.
Pero, o premio ó mellor xogo e ó tesón posto polos xogadores ponteses son os tres puntos que lle permiten o As Pontes seguir nesa quinta posición a tiro de pedra dos postos de promoción.
cdaspontes_0001.jpg


C.D. AS PONTES: Marcos, Rochela, Nano, Pablo López, Aitor, Pablo Domínguez, Iván (Fidi, 77), Bossa, Sergio Arias (Santi, 82), Chicho (Álex, 77) e David Amado.
C.D. CHOCO: Cortegoso, Ángel,, Saúl, Lucas, Pelouro (Michel, 66), Manu Lojo (Rober, 72), Gonza (Curri, 66), Xose, Yeray, Caloi e Pablo Couñago.
ÁRBITRO: Arturo Díaz Álvarez (Pontevedra), asistido de Montoto Taboada e César Domenech. Expulsou con vermella directa a David Amado, do As Pontes, no minuto 57. Tamén foron amoestados Aitor, Pablo López e Chicho, do As Pontes, e Manu Lojo e Pablo Couñago, do Choco.
GOLES: Minuto 50 (1-0), Sergio Arias. Min. 58 (1-1), Pablo Couñago, de penalti. Min. 62 (2-1), Iván González. Min. 70 (3-1), Sergio Arias. Min. 84 (3-2), Saúl.
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da 33ª xornada de liga da Terceira División disputado no campo do Poboado, en tarde agradable e a veces con sol, ante uns 200 espectadores nas gradas, con presenza de afeccionados redondeláns.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios