O Consello de Ministros aproba o convenio para levar Internet á zona rural das Pontes
Lendo lavozdegalicia.com:
“O Consello de Ministros aprobou onte a participación dos concellos das Pontes e de Vilalba no programa Cidades Dixitais de Galicia, dotado cun millón de euros para crear unha rede de telecentros e dixitaliza-los medios de comunicación municipais.”…
…”De acordo coa información facilitada polo Concello Pontés, ese proxecto determinará senta-las bases do desenvolvemento da sociedade da información en ambos concellos.
No caso das Pontes, a primeira actuación centrarase na dixitalización dos medios de comunicación municipais. A continuación emprenderá a actuación máis importante deste programa. Trátase da creación dunha rede cidadá a traveso das novas tecnoloxías. Este proxecto, que conta cun presuposto de algo máis de 800.000 euros, ten como obxectivo instalar puntos gratuitos de acceso a Internet de alta capacidade en tódalas parroquias e no casco urbano das Pontes.”
Fonte: lavozdegalicia.com