O Conservatorio das Pontes

Nas Pontes temos un Conservatorio de Música Profesional no que os nosos rapaces aprenden música e ó mesmo tempo unha carreira da que nun futuro poden chegar a vivir.
O Conservatorio como tal empezou a traballar no curso escolar 1989-1990 aínda que antes había unha ‘filial’ ou ‘aula externa’ do conservatorio da Coruña, e antes desto unhas clases de solfexo ó xeito dunha actividade extraescolar para os rapaces -e non tan rapaces…

conservatorio_1_400.jpg


O Conservatorio, ó igual que o resto de conservatorios de toda España, sufriu nestes anos un cambio de plans de estudios debido á implantación da LOXSE.
O plan de estudios anterior -coñecido coma plan de 1966- constaba de 3 graos, o elemental, o medio e o superior. O elemental eran 4 cursos para pianistas, violinistas e violonchelistas, e 3 para o resto de especialidades co que se acadaba un diploma. O medio eran outros tantos, co que se acadaba o ‘Título de profesor’ na especialidade correspondente. E o superior eran 2 anos máis co que se acadaba o ‘Título de profesor superior’ na especialidade cursada.
O título de profesor -o do grao medio- é equivalente a tódolos efectos a unha diplomatura universitaria, e o superior a unha licenciatura. Polo tanto, un rapaz que rematara os seus estudios no noso conservatorio podería acceder á universidade sen a proba de selectividade, ou ben acceder a calquera posto na administración pública que esixira unha diplomatura universitaria.
Incluso co título superior se pode acceder ós cursos de doutorado das universidades…..


conservatorio_3_400.jpg

Hoxe en día, este plan de estudios está totalmente extinguido, e so se poden cursar estudios polo plan LOXSE.
Os estudios no plan LOXSE constan, ó igual que no anterior, de 3 graos: o elemental de 4 cursos, o medio de 6 cursos, e o superior de 4 cursos.
Rematando o grao elemental acádase un certificado acreditativo. Rematando o grao medio, o ‘Título profesional de música’ na especialidade correspondente. E co grao superior, o ‘Título superior de música’, equivalente ó igual que no plan de estudios anterior, a unha licenciatura universitaria.
Sen embargo o Título profesional de música non é equivalente a unha diplomatura universitaria, se non que é algo parecido a un título de bacharel. De feito, se un rapaz pensa adicarse á música, terá que cursar obrigatoriamente un bacharelato, e aquí nas Pontes temos a posibilidade de cursar o Bacharelato en Música que consiste en cursa-las asignaturas comúns de tódolos bacharelatos no Instituto Moncho Valcarce e os dous últimos cursos do grao medio no conservatorio.
conservatorio_4_400.jpg

Así que con este troco de plan de estudios aquí nas Pontes tivemos un pequeno atraso en canto a titulacións, pero aínda así, os numerosos rapaces que asisten a clases no conservatorio, están a recibir unha ensinanza que, completándoa coa do grao superior, lles pode dar de comer nun futuro.
suso.jpg
Este é o xefe do cotarro 🙂

Fotos: hugoarias.com

También podría gustarte
Comentarios