O correo electrónico a exame

Lendo duvi.vigo.es:
Conferencia do Galpón, Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra
Esta conferencia abordou o tema da seguridade no correo electrónico así como outro tipo de datos susceptibles de ser cifrados empregando para isto GNU Privacy Guard.
Ademais levouse a cabo unha recollida de sinaturas, habitual neste tipo de eventos. Os obxectivos do mesmo foron dar a coñecer aos asistentes GNU PG, promover o uso de ferramentas de cifrado libre e abarcar o tema o problema da privacidade nas comunicacións en rede.”…


…”Dentro do ciclo organizado na ETSI de Telecomunicacións, para orientar aos estudantes sobre as saídas profesionais, esta vez tocoulle o turno a unha conferencia moi particular, impartida polo grupo Galpón, de amigos de Linux de Pontevedra.
Estas charlas semanais constitúen unha iniciativa dirixida aos alumnos de cuarto curso, aínda que está aberto ao público en xeral, que trata de amosar aos estudantes as diferentes perspectivas profesionais dende as que se poden mergullar no mundo laboral.
Este venres a conferencia levou como título “Introducción a GNU Provacy Guard”, e foi impartida por Mario Teijeiro, un dos membros do grupo Galpón, de amigos de Linux en Pontevedra.
[…]
Mario Teijeiro plantexou dende o comezo da charla os problemas do correo electrónico na actualidade, que non garanten a identidade real de quen envía a mensaxe, quen a puido ler dende que foi enviada e se está ou non modificada. Estes tres inconvintes básicos relacionados coa autentificación, coa identificación e coa integridade dos correos, tería unha sinxela solución gracias a GNU PG.
Esta é a primeira das actividades que este grupo coñecido como Galpón, ofrece en colaboración coa Universidade, dende que foi creada en maio de 2002. Nembargantes, a intención dos seus membros é estreitar lazos coa Universidade, de igual xeito que o fixo o grupo Gulo en Ourense, para poder organizar a medio ou incluso a curto prazo, algunhas outras actividades como charlas ou cursos para fomentar o emprego dos software libres entre a comunidade universitaria.”
Fonte: duvi.vigo.es

También podría gustarte
Comentarios