Amigus
As Pontes

O Delegado provincial da consellería de vivenda, Xoan Carlos Bascuas, vai estar o venres en As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Hoxe as oito da tarde, no Lar, o delegado provincial da Consellería de Vivenda, Xoan Carlos Bascuas, ofrecerá unha charla sobre as políticas de promoción do acceso á vivenda para a xuventude. O acto está organizado pola asemblea local do BNG, e nel falarase das competencias e funcións en materia de política de vivenda, de cara a favorecer o acceso dos mozos ó dereito, constitucionalmente garantido dunha vivenda digna e axeitada.
Actualmente, os xoves contan xa con liñas de axuda a xeito de incentivos para alugueiro de vivendas protexidas, ou para ter que desprszarase a vivir noutras localidades que non sexa a de orixe. Destas posibilidades, xunto co Plan da vivenda, ou as achegas para rehabilitacións, falará ós asistentes o Delegado provincial de vivenda no auditorio do Lar.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios