O Esteo FS comezou esta semana a súa preparación de cara a vindeira temporada, na que militará na Terceira División, competición que comezará o 15 de setembro con 16 equipos de toda Galicia.
A provincia que máis equipos aporta é Lugo con seis, Burela B, Cidade de Viveiro, Vilalba, Rececende, Ribeira de Piquín e Xove. De Pontevedra estarán Pazos de Borbén, IES Coruxo, Bueu, Cafyd Marín e Leis Pontevedra. O Carballiño será o único representante de Ourense e pola Coruña participarán Melide, Ventorrillo, Coruña FS e O Esteo.
O equipo pontés, que un ano máis adestrará Diego Paz, iniciou os adestramentos o pasado martes sen facer ningunha fichaxe, renovando a todo o plantel da pasada temporada, agás os porteiros Ito e Niceto, ademais de Chavo, que causan baixa. Niceto e Choto serán os porteiros e como xogadores de pista: Fran, Pellón, Anxo, Gerardo, Gerveno, Pelu, Rubi, Diego Pellón e Bolly.
O Club preferiu dedicarse ó seu proxecto de fomentar o fútbol sala de base a ascender á Segunda División B, categoría á que podería acceder por invitación da federación como segundo na liga do pasado ano. Contará ademais cun equipo xuvenil na liga nacional, que comezará a competición o 6 de outubro, e varios equipos de base.
A súa presentación ante a afección pontesa será o 7 de setembro nun partido amigable diante do Cidade de Narón, equipo da Segunda División B. Na primeira xornada de liga, 15 de setembro, enfrontarase no pavillón da Fraga ante un novo na categoría, o Melide Eypar FS.
Nova cortesía de A.F.