Amigus
As Pontes

O Fendetestas venceu ó líder CRAT Coruña

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[Diario de Ferrol] Os conxuntos locais deron unha agradable sorpresa na séptima xornada do calendario ligueiro con dous excelentes partidos ante o primeiro e o segundo clasificado da táboa. O Fendetestas derrotou o sábado, por 21-10, ó líder de Primeira, o CRAT Coruña, que perde así a primeira posición en favor do Vigo.


Os ponteses sobrepuxéronse ás baixas que sufrían na dianteira e, malia que os coruñeses viñan cun paquete forte -e con relevos- os da casa fixeron un grande traballo adiante que les permitíu ter sempre o oval. Os herculinos, afeitos a levar a batuta, non foron quen de parar as acometidas da dianteira verde, que se aseguraba así a posesión ata levar o balón ás zonas de perigo. O primeiro ensaio para o Fendetestas facíao un dos sobranceiros do partido, Antón, e chegaba ós 15 minutos -Kiko faría a transformación-. Logo viría unha expulsión temporal de Rafa que servíu para que os coruñeses, cun home máis, aproveitaran un saque rápido de golpe de castigo para xogar profundos e acadar a súa primeira marca.
Nada máis comezar a segunda parte, un erro atrás do Fendetestas permitíulle tomar avantaxe ó CRAT, pero o panorama seguíu a ser o mesmo. Aínda que o preparador visitante reforzaba súa dianteira con homes de refresco, os ponteses, con só un troco para os de diante, seguiron xogando moi pechados, gañando metro a metro. De aquí ó final o control foi total do Fendetestas, mentres o CRAT se defendía con todo para evitar perder o bonus ó estar tan só catro puntos por abaixo. Pero aínda marcaría Mariño con dez minutos por diante e, por terceira vez, Kiko pasaba a transformación. Eses últimos minutos xogáronse en campo do CRAT, co Fendetestas buscando un cuarto ensaio que lle dera outro punto de bonus.
Éste fíxoo Rayito, pero o árbitro non lle deu validez malia producirse unha situación de fóra de xogo na marca rival, o que debería ter suposto mesmo o ensaio de castigo. Ó final épica victoria dun Fendetestas moi mermado, que non pode pasar da terceira praza, e paga moi caros os accidentados enfrontamentos con Vigo.
Ferrol > Precisamente ante Vigo firmou un valioso empate a 24 puntos o conxunto do Rugby Ferrol. Esta igualada valeulle ós olívicos para auparse ata o liderato da categoría, gracias tamén á victoria da escadra pontesa fronte ós herculinos.
O marcador logrado polos departamentais neste encontro amosa a gran evolución que nesta competición esta a ter o coxunto local, xa que, na primeira volta da liga, os olívicos non atoparon prácticamente ningunha oposición para derrotar os ferroláns por un cómodo 78-0. Ademáis, este empate é o primeiro que firma o equipo vigués, que ata o de agora só perdera ante o Lalín por un axustado 26-24.
Xuvenís > Pola sua banda, a formación de categoría xuvenil do clube ferrolán non puido sumar a súa terceira victoria da campaña neste comezo de ano. Os departamentais caeron derrotados a domicilio ante a formación do Ourense por un marcador de 36-13. Pouco puideron facer os visitantes na casa dun sólido líder da competición, unha formación ourensana que só cedeu puntos ante o conxunto do Lalín, segundo, co que está empatado na táboa clasificatoria. O equipo de Os Ingleses de Vilagarcía será o próximo rival da escuadra local, debutante esta tempada na categoría, que xogarán de novo como visitantes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios