O grupo do Fendetestas pontés viaxa ó campo dun Lalín aínda imbatido

72

[Diario de Ferrol] O Fendetestas retoma á liga da Primeira Autonómica este sábado no campo do Lalín. Os ponteses non puideron aproveitar este longo parón -quince días- para recuperar máis que a dous xogadores. Así, volven ó grupo Álvaro e Lois pero non estarán aínda Manolo e Tito lesionados, nin Miguel e Xose, sancionados.


O equipo que prepara Kiko tan só disputou de momento a primeira xornada, logo do parón polo compromiso da selección galega, e a xornada seguinte en que lle correspondeu descansar. Deste xeito pode acusar unha maior falla de rodaxe có seu rival. Os lalinenses xogaron xa contra os outros dous máximos candidatos ó ascenso e superáronos con total solvencia, sumando mesmo o punto de “bonus” diante de Vigo, e quedando a só un ensaio de acadalo diante dos Ingleses de Vilagarcía. Estes resultados non fan máis que confirmar que son o rival máis forte desta tempada, cunha plantilla repreta de xogadores con experiencia en ligas superiores.
Pola contra, os de As Pontes, tentarán dar a sorpresa confiando en impoñer o seu xogo dinámico, que xa puideron amosar na xornada inaugural e que os levou a ser os primeiros líderes da tempada, malia contar con varias novidades no equipo, que aínda están a conxuntarse. O encontro xogarase o sábado ás catro da tarde no manuel Anxo Cortizo, estadio da capital do Deza.
Almallo > No caso de que os ponteses pudieran imporse ó Lalín, axudarían a manter na primeira posición da táboa clasificatoria ó Almallo departamental, que esta semana disfruta da súa xornada de descanso. Os ferroláns empatan a puntos cos lalineses, aínda que os aventallan nos puntos a favor.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios