O Grupo Xuvenil campión absoluto e segundo sub21 no Campionato Galego de Kaiak Polo

O equipo do Grupo Xuvenil proclamouse este pasado fin de semana en Castrelo do Miño campión galego de Kaiak Polo tras vencer na primeira fase ó Umia (5-1), Kaiak Tudense (7-1), e xa na final ganaron con solvencia ó Rodeira por 4 a 1. A clasificacación final foi 1º Xuvenil, 2º Rodeira, 3º Copacabana, 4º Umia, 5º Kaiak Tudense, 6º Rodeira B, 7º O Muíño.


No que respecta á categoría sub21 non puideron os máis pequenos redondear co doblete, pois na primeira fase venceron ó Copacabana (8-1), Rodeira (2-1), Kaiak Tudense (6-1) e Umia (10-1). Sen embargo na final, o Rodeira tomouse a revancha e venceu por 4 a 2.
Formaron parte, entre outros, do equipo absoluto, Serafín Fontao, Roberto Rivera, Óscar Fernández, Germán Lorenzo, Hugo González, Rubén Deza, Carlos Mieres, no equipo sub21, Diego Cebreiro, David Cebreiro, Ismael Prieto, Germán Núñez, Borja.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios