O Igape abre un proceso para recuperar unha axuda a unha empresa que pechou en As Pontes
[La Voz de Galicia] O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) anunciou onte, mediante a publicación dun anuncio no Diario Oficial de Galicia, a apertura dun expediente para recuperar unha axuda económica de 244.733 euros concedida en 2003 á empresa Panorámica Dixital, que estivo asentada en As Pontes. Segundo reza a resolución do Igape, a sociedade incumpriu as condicións esixidas para a concesión da subvención.
Panorámica Dixital foi unha das compañías que se acolleu ao plano de desenvolvemento industrial de As Pontes e presentou un proxecto para montar en Penapurreira unha planta de reprografía dixital de gran formato. A inversión que declarou foi de 1,7 millóns de euros e a creación de 21 postos de traballo. O Igape aprobou unha axuda no 2003 de 244.733 euros que a empresa chegou a cobrar e que agora o instituto é a que reclama. Ese mesmo ano, Panorámica Dixital solicitou licenza no Concello de As Pontes e autorización da Consellería de Medio Ambiente para funcionar. Chegou a abrir, pero pechou pouco despois.
As sociedades que se acollen ás axudas oficiais teñen a obriga de manter a actividade durante un período mínimo de tres anos e acadar o obxectivo de postos de traballo. Ao non cumprir estas condicións, agora o Igape iniciou un procedemento que pode desembocar na retirada da axuda.
O Igape da un prazo de quince días aos promotores da empresa subvencionada para que presenten alegacións contra a resolución.