O ITG presentará unha aplicación de Software Libre para axudar ás empresas a ser máis eficaces coa enerxía

Lendo mancomun.org:
“O Software Libre xa non é só un método para aforrar custos, agora, tamén permitirá aforrar enerxía. O Instituto Tecnolóxico de Galicia presenta o vindeiro martes en Santiago de Compostela unha ferramenta de código aberto que axudará ás compañías a acadar resultados óptimos na redución do consumo de electricidade e recursos.”…


…”A aplicación “FAE: Autodiagnóstico Enerxético para empresas”, que será dada a coñecer no marco do acto de clausura do Proxecto Gener (A eficacia enerxética nas empresas), foi desenvolvida sobre tecnoloxía web e software libre de xeito íntegro polo ITG, centro galego con sede na Coruña e especializado en ferramentas informáticas de axuda para as compañías.
O encargado de presentar as características deste software será Santiago Rodríguez Charlón.
O Proxecto Gener
O Proxecto Gener, impulsado por nove entidades e institucións de Galicia e o Norte de Portugal, ten como obxectivo implantar nas PEMEs modelos de xestión eficiente de enerxía.
O Proxecto estivo enmarcado na iniciativa comunitaria INTERREG III-A e contou coa participación das seguintes entidades : Instituto Enerxético de Galicia – INEGA, Instituto Tecnolóxico de Galicia – ITG, Confederación de Empresarios de Pontevedra -CEP, Confederación de Empresarios de Ourense -CEO, Agência Regional de Energia e Ambiente do Vale do Lima, Oficina da Inovação, S.A., IDITE Minho, Conselho Empresarial dos Vales do Lima e Minho, Instituto Politécnico de Viana do Castelo.
O acto de clausura do mesmo dará comezo ás 10 horas na sede FEUGA (Campus Sur) e contará coa intervención do conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, para a presentación do acto. Xunto a el estarán outras personalidades como o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño; o Presidente da Confederación de Empresarios de Ourense CEO, Francisco Rodríguez García; e o Director do Instituto Enerxético de Galicia INEGA, Juan José Álvarez Carril.
Ademais como relatores intervirán Rodríguez Charlón, así como Luís María López González da Universidade da Rioxa.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios