Amigus
As Pontes

O MCYT impedirá rexistrar direccións españolas sobre o Príncipe e Letizia

Lendo iblnews.com:
“O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía (MYCT) tomou a decisión de bloquear determinados dominios nacionais de Internet de terceiro nivel para impedir que os internautas se aproveiten do próximo enlace matrimonial do Príncipe Felipe e a periodista Letizia Ortiz, segundo confirmaron fontes ministeriais.”…


…”Deste modo, ESNIC -organización dependente do MCYT encargada do rexistro de direccións ‘españolas’- bloqueará algúns ‘dominios obvios’, como ‘www.principefelipeyletiziaortiz.com.es’, para evitar que se aproveiten de acontecementos de Estado’, explicaron as mesmas fontes.
De momento, os internautas non poden rexistrar dominios similares baixo o xenérico español ‘.es’, segundo o novo Plan Nacional de Dominios de Internet, pero tampouco poderán facelo cos novos subdominios ‘.com.es’, ‘nom.es’ e ‘org.es’, posto que o prazo aberto ó público para poder rexistralos non comeza ata o vindeiro 10 de decembro.
En calquera caso, un dos requisitos que o plano nacional establece é que a asignación de dominios de terceiro nivel ‘compostos exclusivamente por apelidos ou por unha combinación de nomes propios e apelidos, esixirá que estos teñan relación directa co solicitante’.
Ademáis, o artigo 17.3 do plano permite á entidade rexistradora impedi-la asignación de nomes de dominios que inclúan ‘termos ou expresións contrario á lei, á moral ou ó orde público, nen aqueles con tenor literal que poida, a xuizo da autoridade de asignación, vulnera-lo dereito ó nome das persoas físicas, atentar contra o dereito ó honor, á intimidade ou ó bon nome, ou cando puidera dar lugar á comisión dun delito ou falta tipificado no Código Penal’.
Dende que se coñeceu o anuncio da boda real o próximo verán, os denominados ‘ciberocupas’ rexistraron en poucas horas numerosos dominios internacionais de Internet relacionados co acontecemento, sen que o MYCT poida facer nada ó respecto, xa que depende da Corporación para a Asignación de Nomes e Números de Internet (ICANN).
Non obstante, o MYCT decidiu actuar con respecto ós dominios que sí lle competen e aclarou que non redactou ‘ningunha lista cerrada de dominios hoxe’, senon que se optou por unha medida que evite, principalmente, que os internautas actúen ‘de mala fe’. Todo elo non impedirá que, a partires do 10 de decembro, se poidan mercar dominios coma ‘www.labodarealdelsiglo.com.es’, engadiron as mesmas fontes.”
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios