O novo Total War incorpora batallas navais
Levaba tempo agardándoo. Non puido ser no Nadal, pero por fin o 4 de marzo poderei mercar o xogo. Unha reliquia para todos os que desfrutamos coa saga Total War de Creative Assembly. Esta compañía xunto con Sega son expertos no xénero de estratexia, e nesta ocasión levaránnos á era dos grandes imperios europeos, dende finais do século XVIII a principios do XIX.
Empire: Total War, así se chama este xogo de táctica en tempo real e estratexia por turnos. Segue un estilo similar aos primeros títulos de Total War: os xogadores escollen unha facción contemporánea e dispóñense a asegurar a dominación da súa facción sobre o mundo coñecido a través da forza militar, política, diplomacia, espionaxe e economía. Aínda que o elemento de campaña do xogo está baseado en turnos, os xogadores poden dirixir batallas en tempo real. Ademais, a gran novidade é que Empire: Total War é o primeiro xogo na saga que permite manexar batallas navais en tempo real. Isto é algo que penso que para todos os totalwaraditos constituía unha frustración nas anteriores edicións e agora por fin temos oportunidade de vivir unha auténtica batalla naval. Aínda así haberá que ver cal é a manexabilidade das unidades e a independencia dos recursos. Pero o xogo promete.