O OpenOffice.org terá corrector gramatical para o galego

Lendo mancomun.org:
“Actualmente, o OpenOffice.org conta cun corrector sintáctico para o galego que recoñece máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos.
A Consellería de Innovación e Industria vén de publicar un concurso para a elaboración dun corrector gramatical para o galego, de código aberto e adaptado ao OpenOffice.org. O texto completo da resolución está publicado no Diario Oficial de Galicia do venres 13 de outubro do 2006.”…


…”O importe do contrato é de 52.000€ e resolverase mediante concurso aberto. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no DOG. Os pregos con toda a información pódense descargar da Web da Xunta. “…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios