O parque comarcal das Pontes contará con 15 bombeiros para atender a sete municipios

Lendo lavozdegalicia.es:
“A Consellería de Xustiza confirmou que pronto convocará un concurso para dotar ó parque comarcal de bombeiros das Pontes dos vehículos e o material necesarios.”…


…”Ese será o seguinte paso para que funcione a instalación, que acaba de traspasa-la súa titularidade da Deputación da Coruña ó concello Pontés. A deputación aportou un presuposto de 370.500 euros para construila no polígono dos Airíos.
Xustiza, que xunto ó concello e a administración provincial forma parte do consorcio que se encargará da xestión do parque, confirmou tamén que 15 bombeiros prestarán servicios ós concellos de Cabanas, Monfero, A Capela, Pontedeume, As Pontes, As Somozas e San Sadurniño. Son sete municipios que ata o de agora son atendidos polos grupos especializados de Protección Civil, ou ben polos bombeiros de Ferrol.
O concello de Pontedeume terá que depender así dun servicio situado nas Pontes, algo ó que inicialmente se opoñía e esixía que a instalación se construíse no seu territorio.
O parque comarcal dos Airíos xestionarao unha empresa que se encargará do seu funcionamento, aínda que a titularidade seguirá sendo pública.”
Fonte: lavozdegalicia.es

También podría gustarte
Comentarios