Amigus
As Pontes

O PASADO MÉRCORES 31 DE XULLO REMATOU O PRIMEIRO CAMPUS DE FÚTBOL DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Coa entrega de diplomas e agasallos o pasado mércores rematou o primeiro Campus de Fútbol Mixto organizado polo Club Deportivo As Pontes, que baixo o lema “Aprende xogando, mellora a túa habilidade” estivo impartido por Adrián Boo Rivas, preparador físico do As Pontes, graduado en Ciencias da Actividade Física de Deporte e máster en Preparación Física, e Pablo López Vidal, xogador do As Pontes de Terceira División, Técnico Deportivo de Fútbol Nivel 2 e monitor de actividades de tempo libre.
Con eles estiveron Carballo, Iván Rodríguez, Marcos Bouza, Álex Antón, Momán e Santi Expósito, adestradores dos distintos equipos do Club Deportivo As Pontes.
campus


Os distintos módulos comprenderon adestramentos de habilidades técnicas de ataque e defensa, comportamentos tácticos básico de ataque e defensa, adestramento específico de porteiros e adestramentos dinámicos.
Na segunda quenda estiveron como convidados o pontecesán Ramiro Amarelle, dúas veces subcampión do mundo de fútbol praia, gañador de cinco ligas europeas coa selección española, campión de España co Deportivo da Coruña da copa de campións xuvenil e declarado como mellor xogador do mundo nos anos 2003 e 2008.
Noé “Yombo”, antigo xogador no Endesa que ós 19 anos cambia polo deporte de sala, hoxe militando no fútbol sala portugués, concretamente no Fundâo da primeira división despois de estar no Operário das illas Azores e antes en varios equipos galegos.
Tamén estivo o ex árbitro pontés de primeira división, Evaristo Puentes Leira, así como Ignacio Iglesias Villanueva, actual árbitro da Primeira División española.
Na xornada de clausura deste pasado venres estiveron na entrega de diplomas acompañando ó concelleiro de Mocidade, Jesús Tembrás, os xogadores do Racing de Ferrol, Iago Iglesias e o pontés Diego Dopico. Bossa, capitán do Club Deportivo As Pontes, tamén estivo presente esta derradeira clase.
Os máis de trinta nenos e nenas vidos de distintas localidades recibiron o diploma acreditativo de asistencia ó campus, así como diversos agasallos. Ó final do acto, Iago Iglesias e Diego Dopico asinaron camisetas, balóns, botas dos nenos e nenas participantes no campus.
As Pontes, 31 de xullo de 2013 (AF)
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
campus
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios