Amigus
As Pontes

O Proxecto Cidades Dixitais estrea novo portal, con máis servizos e máis accesibilidade

“Asistimos a un novo paso na e-Administración”. Así definiu Manuel Xosé Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación, o novo portal do Proxecto Cidades Dixitais que se presentou este martes 25, Día de Internet, en Santiago de Compostela. Este novo proxecto web é, ó seu xuízo, un avance real e práctico do que serán as institucións públicas no día de mañá, accesibles ós cidadáns a través das redes, con posibilidade de facer calquera tipo de trámite ou solicitar calquera información ó momento.


O portal das Cidades Dixitais aglutina tódolos seus proxectos locais en Galicia nun único espazo. Dito doutro xeito: podemos atopar a vida web da Estrada, As Pontes e Vilalba nun mesmo sitio, con máis e mellores servizos e contidos e, sobre todo, con ferramentas doadas para que os administradores, teñan os coñecementos tecnolóxicos que teñan, poidan actualiza-la web sempre que o desexen. A este “club” de localidades en Internet hai que engadir os da segunda vaga: Redondela, Monforte, Ribeira e Verín. O proxecto Cidades Dixitais tamén se verá enriquecido en breve coa presenza de Lugo e Vigo. Este plan, liderado pola Secretaria Xeral de Comunicación a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, válese á súa vez do Proxecto Pista-Administración Local participado pola Administración Central e a Federación de Municipios e Provincias. Segundo se fixo saber no acto de presentación no Club Internacional de Prensa de Santiago, o sistema baséase nun módulo de plataforma multiportal que permite aos concellos xerar, manter e publicar informacións local dun xeito sinxelo en Internet. Ademais, pon as ferramentas de base para ofrecer servizos de e-Administración que as entidades locais poden ir incorporando conforme os seus procesos de traballo se adaptan ás novas canles.
Fonte: CodigoCero

También podría gustarte
Comentarios