O que hai que saber antes de mercar unha pantalla plana

Lendo iblnews.com:
“Cando se fala de pantallas de escritorio, a derradeira palabra son as pantallas planas. Se vostede aínda non reemprazou a súa voluminosa pantalla de tubo de raios catódicos por unha desas esbeltas e delgadas novas pantallas de cristal líquido (LCD), quizáis este ano se sinta tentado de facelo.”…

lcd01.jpg


…”E todo fala ó seu favor: os prezos están baixando, a calidade mellora e o espacio no seu escritorio, actualmente devorado pola súa pesada pantalla de raios catódicos, non está en expansión.
Pero as opcións abundan e as cualidades exhibidas polos fabricantes serven tanto para confundir ó comprador como para axudarlle a decidir por qué modelo optar. Na nosa columna de hoxe decímoslle cómo evitar algúns erros e perxuizos comúns.
Resposta
O tempo de resposta dunha pantalla plana refírese ó tempo que toma a unha pantalla de cristal líquido para pasar de activa a inactiva e viceversa. Un tempo rápido de resposta é mellor, posto que quere dicir que o movemento aparecerá suave e instantáneo en vez que levemente diferido. O efecto ‘diferido’ é coñecido comunmente como ‘ghosting’ ou imaxe fantasma.
O tempo de resposta mídese en milisegundos (ms). Non merque hoxe unha pantalla plana cunha velocidade de resposta superior a 25 ms. Prefira modelos de tempo de resposta de 16 ms. Incluso a 25 ms o ‘ghosting’ molestarao cando estea xogando xogos de acción rápida.
Actualmente, poucas das pantallas de grandes dimensións -as de máis de 19 pulgadas- ofrecen tempo de resposta superior a 25 ms.”
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios