Amigus
As Pontes

O teatro convértese no prato forte da programación cultural das Pontes deste Outono

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[RTVi-As Pontes] Os afeccionados ó teatro da nosa vila están de noraboa, porque a finais deste mes comeza a nova campaña cultural de outono, que se completa con outras actividades, como concertos, recitais de poesía e exposicións, prolongándose deica o nadal.


De novo no caso do teatro, a maior parte das representacións serán os venres, sobre as nove da noite, para permitir que os estudiantes que voltan ese día á vila poidan disfrutar tamén con esta oferta cultural.
A apertura do ano teatral terá lugar no Cine Alovi o vindeiro venres, 24 de setembro, e será coa obra “Fobias”, da compañía Lagarta, Lagarta. Na seguinte semana voltará á nosa vila un grupo xa ben coñecido, Teatro do Morcego, que porá escena a obra “A gran ilusión”.
O día 8 de outubro Teatro do Noroeste presentará no Alovi a montaxe “As Damas de Ferrol”. Este Outono tamén se darán cita nas Pontes formacións de fora de Galicia, unha delas será Filasiete, na que atopamos ó coñecido humorista Josema Millán. A obra titúlase “Ninguén é perfecto”, e vai representarse aproveitando a ponte do 12 de outubro. Esa mesma semana, o xoves, Titzina Teatro tamén actuará no Alovi con “Folie a Deux”.
No que resta de mes de outubro aínda recibiremos á compañía Bucanero, con “Se normal vota sustancia bucanera”.
Xa por último, para o mes de novembro están previstas as actuacións de Títreres Trompicallo, con “Nadarín”, e tamén de L’Horta Teatre, con “Pelusa la Intrusa”, e Talía con “Eu así no xogo”.
En canto a outras actividades, para o finais de mes e comezos de outubro está previsto un ciclo de conferencias de historia, antropoloxía e socioloxía das Pontes.
No capítulo musical está previsto para mediados de outubro un Concerto de Habaneras, un festival de Rondallas e tamén a actuación do Cuarteto Infante e da soprano María José Ladra, nun concerto dirixido unicamente para escolares.
Fonte: aspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios