O Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) nomeará ao xuíz de paz de As Pontes

A Concellería de Participación Cidadá das Pontes anunciou onte que será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o que nomeará a persoa que ocupe o cargo de xuíz de paz, vacante trala renuncia da responsable do departamento, Montserrat García, actual concelleira de Participación Cidadá e deputada provincial polo PSdeG-PSOE.


O anterior Goberno local tiña a intención de seleccionar ao novo xuíz de paz no pleno de nomeamento da Corporación municipal, mediante a escolla dun dos candidatos que presentaron a súa solicitude no Concello cumprindo todas as bases recollidas no concurso. Ao pasar o BNG á oposición, o nomeamento non se efectuou e o posto quedou en mans dunha xuíza en funcións.
O actual equipo de Goberno, liderado polo socialista Valentín González Formoso, acordou cederlle ao TSXG a responsabilidade de escoller cal dos candidatos presentados ocupará o cargo, xa que dende o departamento de Participación Cidadá explican que o posto “debe gozar de independencia política”.
Fuente: La opinión de A Coruña.

También podría gustarte
Comentarios