Obradoiro de robotica LEGO baixo software libre

A asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes, Inestable, organiza unha serie de obradoiros de programación e montaxe de pequenos robots Lego Mindstorms.
O obxectivo final será montar, entre tódolos asistentes e mais os organizadores, un pequeno robot e programar as súas funcionalidades.
Non é necesario ter coñecementos previos xa que faranse pequenas introduccións a Java para que toda persoa asistente teña unhas nocións básicas para poder traballar cos robots.
Datas: 5, 12, 19 e 26 de novembro (Tódolos venres de novembro). Horario: De 17.00 a 20.00 Lugar: Local social de Inestable no segundo andar da casa da cultura de Ordes. Acceso gratuíto.

También podría gustarte
Comentarios