Obxectivo. Real Academia Española: los gallegos son tontos

Os amigus da CiberIrmandade da Fala teñen un novo obxectivo: a Real Academia Española…
A Real Academia Española de la Lengua, contrariamente aos principios de igualdade e respecto nos que debería basearse calquera sistema democrático, aldraxa a tódolos galegos na definición da verba “gallego” que inclúe no seu dicionario.


Xunto a acepcións coma parvo (“tonto”) ou tatexo (“tartamudo”) prodúcese un agravio comparativo ao ser o único xentilicio no que se destacan as connotacións negativas e óbvianse as positivas do mesmo xeito que se oculta a información histórica e cultural que nos define coma unha das naciós máis antigas da Europa.
Convidámosche a esixir o mesmo respeto e veracidade que se lles presta a outros xentilicios (moitos aceptados únicamente no senso peiorativo) e a protestar rompendo dunha vez a imaxe de mansedume que nos leva a soportar este tipo de aldraxes.

También podría gustarte
Comentarios