Ofrenda floral a Castelao

Co motivo do cabodano da morte de Castelao, a Mesa de Normalización Linguistica das Pontes, vaille facer unha ofrenda floral. O acto terá lugar o día 6 de Xaneiro, Martes, dia de Reises, as doce e trinta, diante do monolito de Castelao, no Parque municipal. No mesmo acto tocaran varias pezas un grupo de gaiteiros da localidade, que rematarán co himno galego. A Mesa, que conta coa colaboración do Concello, convida a participar a todo o pobo das Pontes nesta ofrenda.

También podría gustarte
Comentarios