Os cativos das Pontes subiron ao escenario
[Diario de Ferrol] O pequeno soldado é a obra que, dirixida por Montse Piñón, representaron onte no Alovi uns trinta rapaces de educación infantil e primaria da escola municipal de teatro. A través da comedia, os cativos dos colexios da Fraga, Santa María e Monte Caxado, glosaron a traxedia da guerra.
Tamén cos pequenos como protagonistas houbo teatro en Cedeira. O grupo Galitoon levou ao auditorio municipal Babiliglub, para nenos a partir dun ano, cunha historia sobre a tolerancia.