Os comerciantes premian aos seus clientes con fins de semana de relax e unha cea
Merca nas Pontes desvelou onte o nome dos agraciados no sorteo celebrado esta última fin de semana. Uns obsequios que se fan co gallo da campaña de Nadal coa que a asociación quere premiar a fidelidade da súa clientela.
Así, Carmen Atadell, Teresa Pita e Monserrat Bouza poderán disfrutar, acompañadas todas elas doutra persoa, dun fin de semana de relax en distintos puntos da xeografía galega. Mentres, Gonzalo Arias e un acompañante poderán acudir a unha cea no restaurante pontés Las Cinco Jotas.
Sen embargo, os clientes de Merca Nas Pontes que non resultaron premiados non deben preocuparse, posto que o día 8 celebrarase un novo sorteo. En total, repartiranse tres vales de 3.000, 1.500 e 500 euros para gastar no comercio local nunha soa xornada.