Os comercios ponteses agasallan con ceas aos seus clientes
Entre o 10 e o 14 de febreiro unha nova campaña promocional poñerase en marcha entre os comerciantes ponteses e na que doce persoas serán as afortunadas para gozar dunha cea.
Por cada compra que se realice nalgún dos dezanove comercios adheridos, o cliente recibirá un boleto para participar no sorteo de seis ceas para dúas persoas en locais hostaleiros da vila. Para iso deberá cubrilo cos seus datos persoais e depositalo en calquera das urnas habilitadas para o efecto nos propios comercios. Os afortunados coñeceranse de inmediato a través do sorteo que se celebrará o día 14 ás 20.30 no local da entidade organizadora, a asociación de empresarios e comerciantes.
Con esta iniciativa únense así dous dos sectores máis importantes dentro da actividade económica da comarca xa que ademais de dinamizar as compras, se ofrece ao cliente a oportunidade de gozar das diferentes propostas culinarias dos hostaleiros locais.
BASES
ORGANIZA
Asociación de Empresarios e Comerciantes. Tfno 981451153. Horario de 9.00 a 13.00h
ÁMBITO
A campaña é de ámbito municipal.
DURACIÓN
Do 10 ao 14 de febreiro de 2014 ambos incluídos.
ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES
Poden participar todo tipo de establecementos independentemente da súa actividade económica, sexa asociado/a ou non.
Considerarase establecemento participante aquel que realice o pago do material promocional adquirido no local da Asociación.
Entrega de boletos ao cliente: entre o 10 e o 14 de febreiro incluídos, cada establecemento repartirá boletos gratuitamente por cada compra que realice o cliente. O número de boletos a entregar será decisión de cada establecemento participante.
Os boletos deberán levar o selo do establecemento do contrario non serán válidos para o sorteo.
Non se poderá compartir talonarios con outros establecementos.
O establecemento poñerá nun ligar visible do escaparate o cartel anunciador da campaña co fin de que o cliente poida identificar ao establecemento participante.
MODO DE PARTICIPACIÓN PARA CLIENTES
Poderá participar calquera persoa que realice compra ou gasto nos establecementos adscritos á campaña entre o 10 e o 14 de febreiro nos que se lle entregarán boletos gratuitamente.
O cliente poderá identificar ao establecemento participante polo cartel anunciador da campaña.
O cliente deberá cubrir o boleto co seu nome, apelidos e número de teléfono asegurándose de que leva o selo do establecemento participante, do contrario non será válido e deberá depositalo en calquera das urnas dos establecementos participantes ou no local da Asociación.
Os/as empresarios/as participantes na campaña tamén terán dereito a recibir boletos na súa condición de cliente.
SORTEO
Haberá un único sorteo a celebrar o 14 de febreiro no local da Asociación sobre as 20.30h.
Entrarán no sorteo os boletos recollidos dos establecementos participantes.
Só serán válidos os boletos correctamente cubertos cos datos solicitados e que non estean rotos, deteriorados, ilexibles ou conseguidos mediante mala fe.
Elixiranse tantos boletos como ceas a sortear chamando por teléfono ao gañador/a. A persoa cuxo nome apareza no boleto deberá contestar ao teléfono no momento en que se fai a chamada senón perderá a oportunidade de gañar o premio pasando a extraerase outro boleto.
As persoas premiadas publicaranse nas webs www.amigus.org e www.mercanaspontes.com, e demais medios de comunicación.
PREMIOS
Os premios a sortear serán Seis Ceas para dúas persoas en distintos locais hostaleiros da vila.
Os/as gañadores/as recibirán o premio en forma de vale que deberá entregar no establecemento correspondente. Estes só serán válidos para gastar o día 15 de febreiro.
Aceptación do premio: No momento da chamada explicaráselle á persoa elixida as condicións de aceptación do premio. Se acepta o premio presentarase na oficina da Asociación para recoller o vale correspondente e facer a correspondente anotación dos seus datos.
No caso de que a persoa non acepte as condicións do premio, o que implica renunciar ao mesmo, extraerase outro boleto cun máximo de cinco.
SOBRE AS BASES
A Asociación e os establecementos participantes terán a bases de participación a disposición de calquera interesado.
A participación na campaña de Merca nas Pontes febreiro 2014, obriga ao establecemento adscrito e aos gañadores dos premios ao cumprimento de todas e cada unha das presentes bases.
A Asociación non será responsable dos danos e prexuízos que se deriven da operativa, agás que os mesmos sexan ocasionados por unha actuación neglixente ou dolosa da Asociación.
A Asociación terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.
A Asociación agradece a todos os participantes a súa colaboración nesta edición.
Establecementos hostaleiros colaboradores: Restaurante O Xantar, Mesón O Martínez, A Bodega, Casa Teresa, Taberna Tarascada, Taberna de Pancho.