Amigus
As Pontes

Os futbolistas do CD As Pontes Alex Cabarcos e Juan Prieto convocados pola selección galega sub18

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Gran alegría a que se levou o fútbol pontés esta mañá tras coñecerse a convocatoria de dous futbolistas locais para un partido de adestramento da selección galega sub18 contra o Montañeros de División de Honra, que se levará a cabo o vindeiro martes día 1 en Elviña (A Coruña) ás 19:00 horas.
Juancito (10-5-1994) é un medio centro defensivo que tamén pode xogar de central, e Alex (17-12-1994) soe xogar de extremo esquerdo, media punta, anque últimamente tamén se prodiga no lateral esquerdo. Ambos son titulares na selección ferrolá sub17 e no CD As Pontes alternan o equipo de Liga Nacional co da Liga da Ría. Para maior mérito, o resto dos chamados pertencen a euipos de grandes cidades e ambos son convocados con un ano menos.
futbol.jpg


Tamén acuden tres futbolistas do Racing de Ferrol, o cedeirás Alberto Rey, o recentemente convocado pola selección española sub17, o porteiro David Gómez, e o internacional sub17 do ano pasado, o dianteiro Iago Beceiro, que debutou en Copa co Deportivo.
A convocatoria completa é a seguinte:
RC Deportivo de A Coruña: David Gómez, Iago Beceiro, Álvaro Queijeiro
RC Celta de Vigo: Alberto Rey, Jonathan Castro, Alfredo Navarro
Racing de Ferrol: Pablo Calviño, Pedro Garrote, Javier Vispo
Pontevedra CF: Eugenio Cameselle, Adrián Santomé, Javier Pazos
CD Lugo: Diego Márquez, Isaac Fernández
Montañeros A Coruña: Javier Fuentes, David Remeseiro
CD As Pontes: Alex Cabarcos Souto, Juan Prieto Criado
Ponte Ourense: Esteban Salgado
Pabellón Ourense: Miguel González
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios