Os galegos non confían na Internet para realizar as súas compras

Lendo codigocero.com:
“O Instituto Galego de Estatística amosa no seu informe anual cómo a nosa comunidade autónoma, pese a estar avanzando nas TIC, continúa a ter certos puntos febles entre os que hai que subliñar a escasa penetración da compra a través da Internet, que só sería dun 1,92%, que no caso dos maiores de 55 anos baixaría ata un ridículo 0,18%.”…


…”Entre as causas de tal situación está o envellecemento poboacional, aínda que a desconfianza tamén é unha barreira, xa que quedan moitos consumidores reticentes (un 46,3%) a confiar, por exemplo, na banca a través da Internet.
Entre as operacións realizadas a través da Rede, a compra de entradas para o cine, libros e viaxes parecen ser as de máis aceptación, seguidos da música e, por último, a roupa.
Curiosamente a banca a través da Rede e a compra de hardware teñen posicións colistas, cando son sectores moi maduros na Internet.
Pero non só hai malas novas, xa que tamén se nota o incremento do uso do ordenador, que chega ó 30%, así como o do correo electrónico, que chega ó 16%. Incluso comezan a facer uso do correo electrónico os rapaces de entre 5 e 14 anos.”
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios