Amigus
As Pontes

Os novos políticos de USA que queren financiarse acuden a Internet

Lendo iblnews.com:
“Os cartos dos políticos está na Rede. Enténdase ben: a financiación. O mestre que inaugurou a nova era da recaudación para sufraga-la súa candidatura foi o aspirante demócrata e ex-gobernador de Vermont, Howard Dean. Sen Internet non obtería os cartos, procedente de millóns de pequenos doantes, para financiarse a vertixinosa carreira. Na era actual, o baremo da credibilidade está na recaudación de fondos, e a clave aquí é Internet.”…


…”Un exemplo: os demócratas que pretenden suceder ó alcalde neoiorquino Michael Bloomberg, nas eleccións locais de 2005, prepáranse para presentarse ás primarias. Quen non obteña nesta fase previa un bo montante quedará excluido. Simplemente, como di, coa maior naturalidade, o consultor demócrata Hank Sheinkopf: ‘You don’t have the money, you’re not a credible horse in the race’.
Profesión con futuro: consultor dixital para asuntos económicos
Entre os aspirantes, Weiner, Thompson, Miller e o hispano do Bronx Fernando Ferrer. Problema do carismático Ferrer: só captou ata hoxe $700.000 dólares, unha cuarta parte que o portavoz no concello Miller. Única solución: aprender do mastery of online fund-raising Howard Dean e utilizar un plan estratéxico en Internet para traer cartos.
¿E isto cómo se fai? Unha nova faceta da nova consultoría que haberá de implantarse no mundo occidental. A Rede non só como fonte de información libre se non, sobre todo, como banco financiador, coa aportación de millóns de cidadáns.”
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios