Os pais de alumnos do colexio Nicolás del Río de Cedeira esixen un centro novo
Lendo lavozdegalicia.com:
“A Asociación de Pais de Alumnos (APA) do colexio Nicolás del Río de Cedeira convocou unha asamblea para esta mañá, a partires das nove, na que a directiva informará sobre a xuntanza que mantivo onte coa delegada provincial de Educación, Elena Menéndez, e o secretario xeral do mesmo departamento, Néstor Valcárcel.”…
…”A APA é partidaria de que a consellería constrúa un centro novo para o medio milleiro de estudiantes dos ciclos de infantil e primaria. Educación, pola súa parte, prefire acomete-las obras que sexan precisas para mellora-las instalacións do Nicolás del Río. Onte comezaron as inspeccións para comprobar en qué estado se atopa o edificio principal do colexio. As investigacións concéntranse nun principio nos falsos teitos, para descartar que poidan ocorrer accidentes como o da aula de infantil, onde a escaiola se desplomou sobre unha clase de quince nenos de 5 anos.
De momento, o medio milleiro de alumnos de infantil e primaria non acudirán á escola esta semana. A partires da vindeira serán realoxados noutros centros da vila, segundo informou onte a delegada provincial de Educación tras unha intensa xornada de xuntanzas coa comunidade educativa de Cedeira.”
Fonte: lavozdegalicia.com