Amigus
As Pontes

OS PERSOEIROS QUE DERON NOME ÁS RÚAS DE AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

No ano 1996 don Enrique Rivera Rouco realiza para Radio Eume varios programas que adica, esencialmente, a contar a vida de varios persoeiros ponteses. Coma membro da comisión nomeada para poñerlle nome ás novas rúas da vila, quixo explicar algún dos motivos que xustificaban as decisións tomadas pola comisión.
Hoxe quixen recoller transcritos esos programas, respetando as formas de expresión do galego, coas que daquela o contou. É salientable o relato de Xoquín das Herbas, de Mamed Casanova, e das bandas de Neira e Vilariño, que operaron na zona despois da Guerra Civil.

RUEIRO DE AS PONTES
rueiro - As Pontes
Preme na imaxe para visitar o rueiro


“Novas Rúas feitas últimamente no pobo
Se levaron a cabo en col ós dous seguintes criterios: primeiro, os nomes otorgados con base nos apelativos tradicionais do paraxe donde están ubicadas esas rúas ou outra calquera circunstancia do lugar do seu emplazamento. E segundo criterio, a dedicación a persoas benfeitoras ou distinguidas deste pobo.
Principiamos polas denominacións segundo o lugar donde están situadas:
– A “rúa da Cruz das Airas”, é a vía que une a ponte da presa de Alende coa Avenida da Habana, así era coñecido desde antiguo ese paraxe, esa zona donde vai situada esa rúa.
– A “rúa da Cuíña”, é a que conduce hasta o lugar da Cuiña dende a Avenida de Lugo.
– A “rúa de Pontoibo”, é a prolongación da Avenida de Villalba, dende a rúa de Celso Emilio Ferreiro ata as aldeas de Pontoibo.
– A “rúa da Costa”, é a que está proyectada dende os Chaos atrás do Rego, pasando pola aldea da Costa.
– Continuamos falando da “rúa dos Chaos”, é a nova rúa que dende a Ponte dos Chaos, a ponte pequena feita alí frente ós Chaos, sigue ata este lugar, desembocando na rúa da Cuiña. Como que nesa aldea dos Chaos hai máis viviendas polo outro lado da rúa da Cuiña, incluso no vial aberto, debería chamarse este tramo “Chaos de Arriba”.
– A “rúa do Campo da Feira”, é a que sale da Avenida de Ferrol pola finca número 19 dende a nova plaza ou glorieta do Rego do Campo. Eleximos este nome en memoria do antigo Campo da Feira que en anos atrás abarcaba dende o Colexio Santa María e da Avenida de A Coruña ata a Capilla do Carme. Nese espacio de terreno facíase a feira, por eso lle vamos a chamar rúa do Campo da Feira.
– “Rúa da Saúde”, é a ronda que vai dende a “rúa da Rectoral” ó taller SEAT, atravesando a “rúa de Orense”, con motivo de que se encontrá alí o novo consultorio médico ou centro da Saúde.
– A “Praza e a rúa do Coireiro”, é o paseo que partindo da finca número 25 da Avenida de Villalba e seguindo cunha plazoleta sae á rúa da Capela. Suxerimos leve o nombre de “O Coireiro” para perpetuar o nombre primitivo da zona circundante ó edificio número dous da calle de Cabañas, que en tempos antergos foi almacén de cueros de animales, non existindo entonces ningunha vivienda no seu entorno, ese paraxe veuse chamando sempre co nombre de “O Coireiro”.
– A “Rúa do Meidelo”, titulamos así á rúa recente que dende a Avenida das Campeiras, xunta ó Bar Ortegal, entronca ca rúa de Celso Emilio Ferreiro, e dámoslle ese nome con motivo de que os seus moradores son pertencentes, son oriundos do expropiado lugar do Meidelo na parroquia de A Vilavella.
Persoas ilustres ou benefactoras do pobo, lembrar que esta denominación a fixo unha comisión municipal na que eu tamén participei. Son tres as rúas das que trataremos hoxe:
– A “rúa de Jesús María Bouza Vello”, “rúa de Juan José María Penabad López”, e “rúa de Rita Rivera Chao”.
Principiamos por a “rúa de Jesús María Bouza Vello”. Dedícaselle esta rúa que partindo da Avenida de Villalba a altura da Residencia de Endesa, termina na rúa de Álvaro Cunqueiro. Jesús María Bouza Vello, natural do Chamoselo en As Pontes, presidente do Centro Galego na Habana, creou en 1912, no Centro Galego a sección chamada de “Los Hijos de Puentes de García Rodríguez”, que tantos beneficios proporcionou ó noso pobo e comarca, construcción e mantenemento de escuelas, axudas familiares, o novo cementerio, etc. Unha entidade benéfica e recreativa da que él foi entusiasta promotor e alentador.
“rúa de José María Penabad López”, é a que conduce desde a rúa do Monte Caxado ó Instituto, José María Penabad López naceu en As Pontes no ano 1928 na casa número 43 da actual rúa de Galicia, donde había un establecemento chamado Bar de Andrea, nome da súa avoa materna. Os avós paternos eran oriundos de Somede, e a avoa materna era de Roupar, os pais eran ponteses José María Penabad Dopico e Manuela López Vérez. Cursou os estudios no Colexio dos Pais Maristas de A Coruña, donde conquireu a especialidade en periodismo. Empezou exercendo de corresponsal no diario “La Voz de Galicia”, pero enseguida se desplazou a América, donde se atopaban emigrados os seus padriños, que eran Lino Dopico e a súa dona. Alá no departamento de prensa de Nicaragua designárono responsable dunha axencia internacional de noticias e con ese motivo viaxou por grande parte do mundo. En 1954 o Ministerio de Comunicacións de Costa Rica, nombrouno director xeral de periodismo nese país, de Costa Rica, donde reside actualmente e donde chegou a ser propietario do principal diario costarricense. Sigue tendo afecto a este pobo seu e tratándose cos parentes e conocidos.
E xa por último, falamos da “rúa de Rita Rivera Chao”, é a rúa paralela, intermedia, entre a rúa de Ourense e a do Monte Caxado, e que desemboca na Avenida de Ortigueira frente ó Cementerio. Dedícaselle esta rúa en consideración a que donou en 1924 o terreo pa construir o actual cementerio municipal solucionando entonces, desa maneira, á parroquia, un importante problema ó estar totalmente saturado o cementerio primitivo detrás da iglesia parroquial. Doña Rita Rivera falleceu viuda e sin descendencia. Era filla de Francisco Rivera e Antonia Chao, e naceu na casa número 21 da actual rúa de Alexandre Bóveda, e que entonces era a única vivenda existente naquel paraxe que se denominaba o lugar do Campo.
(outro día)
Hoxe falaremos da “Praza de Carlos Fornos”, da “rúa do Marqués de Suances”, da “rúa de Sergio Rivera Chao”, “rúa de Frai Antonio José Prieto”, e xa por último do “parque de Lesneven”.
A “Praza de Carlos Fornos”, é o local onde se xuntan as rúas novas en “O Rego do Campo”, entre as rúas de Ferrol e a rúa María Pita. Dada a forma especial que presenta, pódese chamar, máis que plaza, unha glorieta. Dedícaselle a este señor por haber sido un leal benefactor do pobo, mostrando gran cariño polo pobo durante o tempo do seu mandato ó frente da Empresa. Don Carlos Fornos foi recentemente delegado de Endesa. Entre os xefes que a presidiron destacou pola súa sencillez e cortesía, así como sendo solícito en atender ós traballadores, e afanoso en apoiar os intereses e as melloras do noso pobo. Preocupado polo medio ambente, foi o impulsor dos xardíns que rodean a Central e do aumento das estacións de control da contaminación, control das augas, etc. Foi un dos iniciadores dos traballos de investigación arqueológica na Empresa. Mesmo así foi animador da colaboración de Endesa co Axuntamente en prol do desenrrolo de As Pontes. Entusiasta polos deportes, etc. Lamentablemente unha morte prematura en Outono de 1990 truncou a súa valiosa labor.
A “rúa do Marqués de Suances”, é a vía de tránsito dende a plaza de Carlos Fornos ata a rúa de Rita Rivera Chao, pasando por detrás do consultorio médico. Don Juan Antonio María de Suances y Fernández é merecedor da dedicación dunha calle. Viveu a súa niñez en As Pontes na casa número 21 da actual Avenida de Galicia, donde por motivos de salud se había retirado o seu pai que era un militar xubilado, e nesa casa falleceu. Don Juan Antonio despois chegou a ser Ministro de Industria no Gobierno de Franco e conservou cariño a este pobo da súa infancia. Demostrouno na década dos anos 50 cando as autoridades de Ferrol tiñan conseguido instalar en Sillobre a nosa fábrica de abonos nitrogenados, a donde sería trasladado o noso carbón. Entón, sendo presidente do INI, ordenou que a fábrica fora erixida en As Pontes, dando movemento e auxe ó noso pobo. Iso significou o comenzo do advenimento de Endesa, de que Endesa decidira establecerse aquí. As Pontes débelle, por tanto, o seu primer engrandecemento, base do engrandecemento actual.
“Rúa de Sergio Rivera Chao”, foi un bienhechor do pobo, donante do Campo da Feira, donde, ata hai poucos anos se realizou a feira de As Pontes, que alcanzaba dende a Avenida da Coruña, ata a Capela do Carme. Este señor era irmán de Rita Rivera Chao, á que se lle dedicou outra rúa por haber donado o terreo do cementerio. Foi home bienhechor do pobo. Era terrateniente. Deu moitos xornales, e deu vida ós, entonces, habitantes de aquí que vivían pobremente.
“Rúa de Frai Antonio José Prieto”, é a que conduce dende a Avenida da Habana á rúa de Álvaro Cunqueiro, contigua ó grupo escolar da Fraga. Este señor é antepasado da familia Prieto Mosteiro. Naceu no casco antergo da Vila, e estudiou e ingresou na orde dos franciscanos, no 1750 emigrou a Perú, e asentado no colexio franciscano de Ocopa realizou a súa labor misioneira no corazón das serras entre Perú e o Ecuador, evangelizando as tribus denominadas dos Gíbaros. Este relato está contido na obra “Los gallegos y el nuevo mundo en la época Virreinal”, patrocinada polo Banco Pastor, e publicada no 1983, polo grupo Nono Art. Estos datos fidedignos, recollidos no Archivo de Indias de Sevilla, viñeron a aclarar a tradición oral de As Pontes, que contaba a existencia dun misioneiro nativo de aquí, ainda que non se recordaban máis pormenores sobre él. Consultado o parecer dun misioneiro actual de Perú, emparentado coa familia Amarelo de Cabreiros, a labor de Frai Antonio José Prieto tuvo que ser durísima, porque todavía hoxe esa rexión é selva inhóspita e para entrar nela hai dificultades de tipo xeográfico e humán. Dedícaselle esta calle, aparte de merecelo os seus traballos en prol de aqueles indígenas, por estar ubicada en terras que foron propiedade da súa familia, a zona de o muiño novo da casa Prieto.
O “parque de Lesneven”, é o situado entre a rúa de Sergio Rivera Chao, e a Glorieta de Carlos Fornos, e o Canal Catro. Dedícase a esta vila francesa, polo hermanamento e intercambio cultural que vén facéndose entre esta vila francesa e As Pontes dende o ano 1991.
XOQUÍN DAS HERBAS

xaquin.jpg

Saúdos, a tódolos ointes de Radio Eume, un día máis está con todos vostedes un servidor, para falarlles desta vez dun personaxe moi coñecido polos arredores, e no mesmo As Pontes. Estoume a referir á figura de Xoquín das Herbas. Este home destacou pola súa personalidade extraña, un home misterioso, que se cree era un escapado da guerra. Foi unha persoa rara, case mítica, que resideu na comarca nosa dende a Guerra Civil ata o ano 1958 en que faleceu. Debido ó seu carácter cerrado non se puido coñecer a súa procedencia. Non era falangueiro. Non quería ser coñecido. Viveu ata o ano 1950 na Fraga do Eume, na Capela. Comía herbas e frutos silvestres que había na Fraga. De ahí lle veu o mote de “Xoquín das Herbas”. Despois, ó sentirse xa vello e desfalecido, polo ano 1950, achegouse á vila de As Pontes, e merodeou na bisbarra, sempre ó descampado, nunca quixo ser acollido nas casas. Achegábase ás casas, poñíase xunto á porta, non pedía. Recollía un bocadillo ou o que lle daban. Tiña un espírito guerreiro, tanto no atuendo, na vestimenta que levaba, coma nos seus modales. Él preparaba con cordóns as polainas nas pernas, preparaba unha gorra de visera a estilo militar, levaba tamén un morral ó lombo, e á maneira dun rifle, tamén un palo ó lombo. Por eso se supón que tiña que ser un escapado da guerra, ó sea, do bando republican, que ó perder a guerra a República sinteuse perseguido i emboscouse na Capela e despois viveu aquí nas Pontes. I eso tamén se comproba na súa mirada que tiña, sempre de desconfianza. En As Pontes xurdeu a idea de que sería pontevedrés, pola destreza i especialidad que amostrou tallando pedra. Como os ollos saben, os canteiros de Pontevedra, os que son artesáns, na talla, no polimento da pedra de granito. En unha ocasión en plan de broma, uns canteiros que estaban aquí reparando un edificio mandáronlle que preparara un sillar de granito. En poucos minutos o preparou de maneira perfecta. Por eso que se supoñía que sería nativo de Pontevedra. Gozou de estima pero nunca aceptou residir nin ser acollido en ningunha vivenda. Finalmente apareceu morto na granxa de Eulogio Rivera, no Chamoselo, xa abandoada a Granxa, e donde percorría a dormir habitualmente.
TORIBIO MAMED CASANOVA
Voulles contar quén era Toribio Mamed Casanova, coñecido bandoleiro, que actuou entre os montes que están entre As Pontes e Ortigueira. A finais do século pasado e comezos do presente, tivo en medio de pánico á nosa comarca Toribio Mamed Casanova, de quen escribeu longamente o escritor don Ramón del Valle Inclán. Nesas datas sonaban en España dous bandoleros famosos. No norte Mamed Casanova, e no Sur (en Andalucía) Diego Corrientes. Mamed Casanova naceu na parroquia de As Grañas do Sor. No seno dunha familia pobre, e foi un ladronzuelo desde pequeño. Era un diestro tirador, tíñalle medo á Garda Civil, pedía comida ou unha limosna sen agresividade, pero ó facelo co rifle na man tiña amedrentada a toda a comarca. Moveuse na zona entre As Pontes e Ortigueira. A súa captura ocurreu no ano 1902 con unha emboscada que lle preparou o entón Cura do Freixo, don Basilio Poupariña. Este cura tuvo preparado na casa dous guardas civiles escondidos nun local, o lado do pasillo que tiña na entrada da casa, no patio de abaixo, e máis dous paisanos. Saleu a moverse por alí, coñecendo que estaba movéndose por alí Mamed Casanova. Toribio pideulle unha limosna, el díxolle que lle daba a merenda, que viñera merendar á casa rectoral. El sospechou xa a emboscada, pero ó final, titubeando, accedeu vir a comer á casa rectoral. O cura tíñalles posto como contraseña ós guardias, e ós dous paisanos que tiña para apresalo que daría un zapatazo, ou un taconazo no chan. E díxolle a Toribio que comera, que el que tiña frío ós pés, que se ía a mover un pouco. Deu o taconazo no chan, e abalanzáronse encima del os dous guardias e os dous paisanos. Entablouse unha pelea descomunal na que o mismo Toribio fireu un guardia. E un guardia disparoulle causándolle ferida grave. Entón Toribio deuse por vencido, e él mismo pideu confesarse co cura, a pesar de que lle fixera esta faena. Esto quere dicir que Toribio, a pesar de ser un bandolero, era un home crente. A xusticia tiña prometida unha recompensa a quen lle fixera a captura, e ó ser o cura, entón a reina de España María Cristina de Ausburgo, viuva de Alfonso XIII, premiou a este señor cura, facéndoo capellán da Casa Real. Despois de facerlle as curas, el non morreu no momento, foi de presidiario a Ceuta, donde botou moitos anos, e ó final, cando ía vello, xa deixárono libre, e volveu por aquí, dice a xente que viña en plan de mendigo, xa vello e achacoso.
GUERRILLEIROS NA COMARCA DE AS PONTES DESPOIS DA GUERRA CIVIL – BANDAS DE NEIRA E DE VILARIÑO
ORIXINAL DE PRENSA DA PROCLAMACIÓN DO FINAL DA GUERRA POR FRANCO
parte-de-guerra.jpg

Banda de Neira
Estas bandas de guerrilleiros, que aquí, vulgarmente chamábanse os “escapados”, foran militantes republicáns, que tiveran que fuxir ó perder a Guerra Civil, pero tiñan como obxectivo prolongar esa guerra civil, ainda cando Franco a deu por terminada o 1 de Abril do 39. Prolongala en espera de que o bloqueo internacional fiexera caer ó Réxime de Franco, e entón eles aparecerían como continuadores da República. Dedicáronse a facer venganzas a quenes habían perseguido ós do seu partido republicano, ós que foran chivatos. Houbera algunhas mortes con este motivo. E desistiron no ano 1952 cando o presidente dos Estados Unidos, Eisenhower firmou un tratado de axuda, de paz co general Franco, e cando Franco, sin consultar co pobo nin dalo a conocer lle permiteu poñer as bases. En vista de eso, de que tiñan a causa perdida, desistiron de seguir loitando.
A banda de Neira, tuvo como lugares de operacións as montañas entres As Pontes, Ortigueira e Viveiro. Esixían comida e cartos nas casas que eles sabían que eran podientes. Foran célebres o roubo da casa de Pardo da Rega no Freixo, e aquí ó lado das Pontes, o roubo na Riveira Nova. Un dos que se salvaron da mau deles de puro milagro foi o cura do Freixo, por haber sido chivato de militantes que tiña entre os seus feligreses, de que eran comunistas. Esta banda dispersouse ó final, sin ser capturados no seu conxunto. Soamente algún morreu nos enfrentamentos coa garda civil.
A Banda de Vilariño
As motivacións desta banda de Vilariño, eran igual que as outras bandas, de Neira, e outras moitas mais que houbo no país. É dicir, prolongar a guerra civil, en espera de que caese o régimen de Franco co bloqueo, e impoñerse outra vez o sistema de izquierdas.
Os lugares de operacións desta banda foron na Capela e en Xestoso. O sea, no espacio entre As Pontes e Puentedeume. Tiñan unha cueva moi ben preparada e disimulada, onde está a presa do Eume, na Capela. Unha cueva incluso confortable disimulada, a porta estaba recuberta con ramas de árboles, de maneira que, calquera que pasase por diante dela non se daba conta de que había dentro unha banda. Tiñan incluso unha emisora, que para falar cos colegas de outros sitios elevábanlle a antena mediante un globo, e logo recollíanlle a antena.
Sobre o ano 1950 estaban xa perseguidos habitualmente pola Garda Civil e foron acorralados nesa cueva. Tiveron un grande enfrentamento ca Garda Civil, que en enorme número cercaron o lugar donde se refuxiaron. Eles metéronse na parroquia de Monfero, xunto ó río Eume nunha casa. Non se restaurou esa casa, ainda hoxe se notan os tabiques acribillados polas balas.
Despois de moitas horas de tiroteo pararon de disparar, pero a Garda Civil non se decidía a entrar. Estaba, naquel momento a mai dun dos guerrilleiros que era de Goente, e mandáronlle que entrara na casa a ver se convencía ó fillo e ós compañeiros de que se rendiran, pero ó entrar atopounos a todos mortos por suicidio ó verse vencidos e sin defensa posible coas súas mesmas armas puxeron fin á súa vida.
FILLOS ILUSTRES DE AS PONTES
Antonio Ferreiro Blanco, antepasado da familia Bahamonde Ferreiro, que foi maxistrado da Audiencia da Coruña.
Jesús María Bouza Bello, director do Centro Galego de Cuba. Durante o seu mandato en 1912 foi creada a sección “Sociedad de los Naturales de Puentes de García Rodríguez” que con gran entusiasmo levaron a cabo numerosos beneficios neste pobo e a súa comarca, construcción de escolas, mellora de viviendas, etc.
José María Penabad López, que aínda vive, é director propietario dos dous principales diarios de Costa Rica, e director de periodista de Costa Rica. Escribe co seudónimo de “Zoquiñas”.
Antonio Formoso Permuy, merecedor en Mejico do título de ingeniero químico e de director técnico de procedimientos industriais, autor da obra “procedimientos industriales”, distribuido por todo Iberoamérica. Esta autor era nativo de Ribadeume.
Sergio Rivera Chao, a principios do noso século foi propietario da maior parte do val de As Pontes e do pobo, porque llo comprou ó sucesor da extinguida casa de Lemos, o señor Cora de Lugo. Asimismo foi propietario das minas de ferro de Villaodriz, na provincia de Lugo, proporcionando en ambos sitios moitos postos de traballo. Representaba naqueles tempos a primeira firma financieira de Galicia. Todavía lle vive un fillo que se chama José Rivera Illade “o mudo”.
Juan Antonio María de Suances y Fernández, que foi Ministro de Industria e presidente do INI. Viveu toda a súa infancia en As Pontes, onde se establecera o seu pai, un jefe militar anticipadamente jubilado, porque se atopaba enfermo de tuberculosis, e donde finalmente morreu. Estableceuse en As Pontes por prescripción médica para que recibira aires puros do campo, especialmente do pino. Por eso tamén o vamos a chamar fillo de As Pontes, efectivamente demostrouno, apoiando a ubicación da fábrica de abonos nitrogenados no noso pobo, que foi inaugurada no ano 1959, en contra da pretensión das forzas vivas de Ferrol que desexaban situala na súa zona.
Frai Antonio José Prieto, antepasado dos Prieto de As Pontes, que foi misionero en Hispanoamérica, a mediados do século XVIII, que fixo a súa labor nas montañas entre Ecuador e Perú.
E tamén ponteses destacados en negocios. O propietario da principal fábrica de conservas de México, que se chamaba “Conservas La Fortuna”, na ciudad de Cortazar foi Secundino Bellas Rivera, nativo de As Pontes, que consigueu alí o título de bienhechor del pueblo, e atópase hoxe enterrado no interior da catedral mexicana.
A mellor floristería de Cuba, era propiedad da familia Ferreiro de Gondré. A principal mueblería de Cuba era propiedad de Manuel Sánchez Fraga, da familia de Graciano Sánchez, de As Pontes. Das mellores joyerías de Cuba, eran donos os irmaus Jesús, José María, e Manuel Picos Fraga, todos ponteses.
José María Rivera Corral nacido no Chamoselo, aquí en As Pontes. Foi o fundador e propietario da prestixiosa fábrica de cervezas “La Estrella de Galicia”, cuia propiedade hoxe representan os seus familiares sucesores.
E Gaspar Rivera, irmán do anterior, foi dono dunha inmensa inmobiliaria en México”.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios