OS TREVILLAS, grupo de música tradicional.
Creado no ano 1990, este pequeno grupo de amigos comenzaron tocando por aficións comúns, e hoxendía seguen aprendendo e recollendo todo o que poden encól da música tradicional galega, gracias -din eles- a toda a xente da comarca que colaboura con eles.
Neste intre son catro gaitas, un acordeón, un bombo e un tamboril.
O seu repertorio é o de pezas como: muiñeiras, pasodobles, xotas, rumbas, etc. e dedícanse especialmente a facer pasarrúas.