Amigus
As Pontes

Outra distribución Linux feita por unha administración autonómica

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Xa temos Linex e Guadalinex, pois agora temos tamén MAX, unha distribución Linux feita pola Consellería de Educación da Comunidade de Madrid e dirixida ó mundo educativo. Puxeron especial énfasis en incorporar todas aquelas aplicacións precisas para imparti-los contidos de Informática incorporados nos currícula do ensino non universitario e aquelas aplicacións educativas e entornos de desenvolvemento que permitan ó profesorado non especialista, a utilización, a elaboración e distribución de contidos educativos en formato dixital.


Esta distribución incorpora o sistema operativo e un conxunto de aplicacións didácticas, respectando ó máximo a configuración dos equipos informáticos dos posibles usuarios, así coma a súa eventual convivencia con outros sistemas xa instalados.
Máis información en educa.madrid.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios