P2P: Situación legal das redes peer to peer

Lendo internautas.org:
“Existe como en tantas cuestións técnicas, unha ausencia de regulación expresa. Isto non significa que exista unha lagoa xurídica, posto que existen multitude de normas que afectan a estas redes de intercambio de ficheiros, polo que sen ánimo de exhaustividade podemos referenciar estas normas afectantes por rango de importancia.”…


…”En primeiro lugar, atopámonos co artigo 18.3 da Constitución en canto que ampara e consagra como un dereito fundamental o secreto das comunicacións que unicamente pode ceder se media resolución xudicial motivada.
En relación con elo, atopámonos coa Lei de Servicios da Sociedade da Información e de Comercio electrónico que, así mesmo, establece a necesidade de conservación dos datos de conexión por parte dos prestadores de servicios. A este respecto, hai que indicar que a Lei de servicios da Sociedade da Información cando regula os datos que deberán ser conservados (clase de datos, forma de gardalos, conservalos, etcétera) remítese a un posterior desenvolvemento regulamentario que non foi citado.”…
Fonte: internautas.org

También podría gustarte
Comentarios