Padel Eume Matojoma: Final soñado campions

Dificil poder plasmar con palabras o acontecido no polígono do ceao na tarde do sábado, poderiase comparar co guion de unha película de suspense que nunca parece saber como rematará , emoción e nervos moitos nervos por parte das duas escadras e dos xiareiros dos dous bandos.
Os ponteses saian coa lección ben aprendida e poñian toda a carne no asador sabendo que so lles servia gañar 3 como minimo dos 5 enfrontamentos e por enriba tiña que ser en dous sets para ascender matemáticamente.
Os comenzos non podían ser mellores os 40 minutos de confronta nos catro primeiros partidos gañabamos en todalas partidas con un set arriba o cal non se esperaba nin nas mellores expectativas visto a igualdade do partido de ida.
A parella mais forte pontesa Pachi Dopico e Fernando Caaveiro tumbaban de xeito bastante xinxelo a sua parella numero un formada por un invicto Santi mota en toda a liga que pasa por ser o 4 ou 5 mellor xogador de Galicia . Os nosos fixeronlle a vida imposible e apenas entrou en xogo en ningún intre sendo un mero espectador do constante machaqueo o que sometían o seu compañeiro que se veu superado en todo intre .6/2 6/4 para eume.
padel_1.jpg


A parella duas Manuel Ferro e Dani Pena despois de un primeiro set case perfecto no segundo con un 5/4 arriba e saque comezaba o noso particular calvario de nervos e tensión, con duas bolas de partido co seu saque volvían os fantasmas dos partidos da ida na que se desperdiciaron numerosas bolas de partido perdían o set por 5/7 co cal quedaba a eliminatoria mais costa arriba o necesitar non ceder ningún set , pero lonxe de virse abaixo os rapaces fan un set primoroso e vencen por un claro 6/2.
A seguinte parella formada por David lago e Marquiños fdez entraron moi concentrados na pista sabendo o que se xogaban no partido e lograron un difícil e igualado set o seu favor por un 7/5 , que a postre seria case definitivo na eliminatoria o partido seguiu moi igualado pero o segundo set caia a prol dos lugueses por un 6/4 o terceiro set seria un cara ou cruz para calquera dos dous lados, os da casa crecidos os nosos defendendose con uñas e dentes sacando bolas inimaxinables pero a sorte non nos sorria en bolas decisivas e caian derrotados por un doloroso 6/3.
As cousas trocabanse a poner de cor oscuro para os valentes ponteses, pero isto non remataba aquí necesitaban unha victoria mais.
Os cuartos en liza Poty leal e Xalo maira tiveron un partido durísimo e igualado de mais de duas horas de duración pintaba a cousa moi ben para padel eume o vencer no duro primeiro set por 6/4 o seguinte set a igualdade era a tónica dominante cun sinfín de bolas inverosímiles por ambalas duas parellas con 5/5 no marcador desperdiciaronse 2 bolas claras que foron aproveitadas polo rivais para facer un break e despois rematar co seu saque 5/7 , de infarto se presumia o derradeiro set que podía valer un ascenso para calquer escadra. E non defraudou os ponteses encoraxinados sacaron forzas de fraqueza e pasaban por enriba os rivais aguantando mellor a presión e o ambiente quente que se viviu na pista.6/2 , o terceiro punto para os nosos conseguido pero….. tocaba poñerse a facer números e por incrible que parecese se na ultima partida gañaban os de lugo en 2 sets estarian as dous equipos empatados a partidos gañados e incluso a sets a favor encontra. De locos teria que xogarse todo na ultima partida.
Os Santis Barro e Franco entraban na pista co obxetivo de conseguir un set que nos dera o ascenso pero con un primeiro set moi frouxo pasabanlles por encima os rivais 6/1 , se perdían o seguinte todo se decidiría por xogos a favor ou encontra, e asi foi caian por un digno 6/4 .
O silencio faciase patente o final da confrontación e os capitans facian números , incrible todo empatado victorias sets pero….. nos xogos 5 a favor para os ponteses, estallido de alegría dos xogadores e dos xiareiros Eumeses que non crian tal desenlaze digno dunha película de suspense.
ASCENSO MAIS QUE MERECIDO TEMPADA INCRIBLE PARA ESTE EQUIPO DE NOVA CREACION CEDENDO SO UN ENFRONTAMENTO POR UN IGUALADO 3/2 EN TODO O ANO.
Dende o clube queremos agradecer todas as mostras de agarimo por parte da afeccion e do apoio incondicional de todos os patrocinadorres asi coma do concello de As pontes e do school padel vilalba , a directiva quere agradecer dende o primeiro o ultimo xogador do plantel o compromiso mostrado en toda a tempada e en especial a duas persoas que traballaron a destaxo Poty e Marquiños fixeron de utilleros ,delegados, mediadores , recaudadores de multas, secretarios etc etc GRACIAS A TODOS PARA O ANO MAIS E MELLOR PERO NA SEGUINTE CATEGORIA….
padel_2.jpg
padel_3.jpg
Nova cortesía Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios