PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA

O futbolista pontés Alex Cabarcos ven de ser convocado novamente para outro partido de adestramento da selección galega sub 18 que se levará a cabo mañá mércores día 8, ás 16:30, nas instalacións de A Madroa (Vigo).
O seu rival nesta ocasión será o filial do Celta, do que tan pendente está media Terceira División, xa que podería provocar o sexto descenso, a pesar de que está a un punto da promoción de descenso pero xa a cinco da salvación directa.
Os olívicos reforzaronse no mercado de inverno para este último tramo da temporada, xa que ficharon ó central Héctor Ladero, do Numancia, ó medio malí Sumy, procedente do Albacete, e ó dianteiro da Ponferradina Borja Valle. Todo isto, unido ó gran plantel que xa tiñan de por si, para tentar lograr a permanencia un ano máis na Segunda B.
alex.jpg


Por parte da selección galega xogarán os mesmos da semana pasada, ademáis da inclusión de Jonathan Castro Otto, que ven de gañar o Torneo Internacional Atlántico coa selección española sub18, que venceu 2-0 nos seus tres encontros ante Dinamarca, Canarias e Rusia, no que o xogador vigués raiou a un gran nivel xogando como central dous enfrontamentos e de lateral dereito ante Canarias, no torneo no que Rusia acabou segunda, Canarias, terceira, e Dinamarca, semifinalista do Europeo Sub17 Serbia 2011 acabou cuarta. O ex celeste Denis Suárez, actualmente no Manchester City tamén brillou marcando dous goles.
As únicas ausencias con respecto ó partido da semana pasada que rematou con 2-1 a favor do Coruxo, son Alex Ocampo e Iago Real, e no seu lugar acuden Marcos González e Pablo Pérez. Outra semana más Sergio González e David Remeseiro “Jason” do Racing e o cedeirés Alberto Rey.
A convocatoria completa é a seguinte:
RC: Celta de Vigo: Rubén Blanco, Jonathan Castro, David Goldar, Jose Varela, Jordán Domínguez, Alberto Rey
RC Deportivo de A Coruña: David Gómez, Jorge Callón, Juan Barros
Racing Club de Ferrol: David Remeseiro, Sergio González, Alex Cabarcos
Pabellón Ourense: Karim Herrero
Pontevedra CF: Brais Cancelas
Santiago de Compostela: Brais Abelenda
Arousa SC: Eloy Fariña
CD Areosa: Pablo Pérez
ED Val Miñor: Marcos González
Foto xentileza Muchacalidad/Galicia de Caranza
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios