PARTIDOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 6-8 OUTUBRO

Triunfos de Xuvenil, Cadete, Infantil, Benxamín A e Prebenxamín A

FEMININO
EFB AMISTADE DE MEIRÁS – CD AS PONTES (0-0)

Empate sen goles do feminino na súa visita a Valdoviño este sábado pola mañá. As de Julio Montero son undécimas con catro puntos, e a semana que ven descansan, pois corresponderíalles visitar ó Santa Mariña, pero este equipo retirouse da competición.

Xogaron Leti, Yoli, Andrea Pita, Tania, Indira, Noelia Ameneiro, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Uxía.

XUVENIL
CD AS PONTES – MEIRÁS CF (3-0)

Moi ben o xuvenil pontés que co triunfo de onte prácticamente sentenciou a súa presencia no grupo dos mellores, e sobre todo deu un paso de xigante cara a meterse entre os dous primeiros que clasifican para as semifinais de Copa.

Partido moito máis complicado do que parece o que tivo que xogar este sábado, dado que a pesar do 3-0, no primeiro tempo os de Valdoviño, enviaron un balón ó longueiro por medio de Diego, e tras un penalti por man de Fraga, Meidán detívolle un penalti a Paulo.

O único tanto do primeiro período foi de Vilela, que anotou un golazo polo escuadro dende fóra da área. No segundo, outro gol de Alex Barro, e un do lateral esquerdo Breijo nas postrimerías derons os tres puntos ós azuis.

Son líders con 15 puntos, os mesmos que o Narón, que ten un encontro máis, a semana que vén visitan ó Galicia de Mugardos, sexto con seis.

Xogaron Meidán, Fraga, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Óscar, Chema, Cristian, Xose e Carlos, entrando no primeiro tempo Alex Barro por lesión de Cristian, e no segundo, Cazás, Lino, Jose e Derick.

CADETE
SCDR GALICIA DE CARANZA B – CD AS PONTES (0-1)

Gran triunfo do Cadete pontés que venceu cun solitario tanto de Vicente Iglesias na súa visita ó Caranza B.

Os de Rubén Pardo suma cinco vitorias en seis encontros, e con 15 puntos son terceiros, a tres de Ánimas e San Pedro, recibindo a vindeira xornada ó Portuarios, sexto con dez puntos.

Xogaron Juan, Eyob, Antonio, Nono, Alejandro, Santi, Jandro, Xan, Vicente, Xoel e Joan, entrando despois Xavi, Andrei, Adrián, Dani e Iván.

INFANTIL
SCDR GALICIA DE CARANZA C – CD AS PONTES (0-4)

Triunfo do Infantil 0-4 na súa visita ó Caranza C, co que os de Rivas son terceiros con nove puntos, a un de Ánimas e tres do Neda. E a vindeira semana descansan, pois correspondíalles recibir ó Amistade de Meirás, pero retirouse da competición.

Xogaron Hugo Bouza, Eloy, Xose, Anxo, Samuel, Mario, Xoel, Hugo Blanco, Sergio, Ángel, Luis e despois Iago, Francisco, Alejandro, Billal e Pablo.

ALEVÍN
CD AS PONTES A – SRD NUMANCIA DE ARES (LUNS 9, 18:30)
CD AS PONTES B – SCDR GALICIA DE CARANZA B (0-4)

O Alevín A xoga este luns, dado que esta xornada descansaba e a seguinte adiantase pola festividade do xoves 12. Mentres, o Alevín B perdeu 0-4 co Galicia Caranza B, e na vindeira xornada agardará sumar os seus primeiros puntos na visita ó Portuarios, que ten tres.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A – MEIRAS CF (10-0)
CD AS PONTES B – CD CARIÑO (2-3)

Goleada do Benxamín A 10-0 ante o Meirás, que o deixa líder con nove puntos xunto a O Val e Galicia de Caranza B, antes de visitar ó Racing de FerolB, aínda sen puntuar. O Benxamín B pola súa banda perdeu pola mínima 2-3 ante o Cariño, e aínda sen puntuar visita ó Rapido de Neda, que suma dous triunfos.

PREBENXAMÍN
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES A (0-4)
CD AS PONTES B – ÁNIMAS SCDR (0-11)

Vitoria do Prebenxamín A 0-4 ante o Ortigueira, e derrota do Prebenxamín B 0-11 ante o Ánimas. O A é líder con seis puntos antes de recibir ó Rápido de Neda, terceiro, mentres o B é sexto con tres puntos antes de visitar ó Cedeira, sétimo con ningún.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Ivan Rodríguez

También podría gustarte
Comentarios