Partidos das categorías inferiores do As Pontes
Comezaba a xornada coa mala nova da derrota dos Alevíns A, que tralas seis primeiras xornadas con pleno de triunfos, perderon contra un gran San Sadurniño que se levou os tres puntos tras gañar por 0 a 2. Paso atrás dos alevíns, que xa perderon as dúas últimas ligas por un so punto, anque aínda queda moito e seguro que pelexarán polo título ata a última xornada con Ferrol, Eume e San Sadurniño. O Benxamín B venceu ó Perlío por 5 a 0, con catro goles de Bruno (foto) e Sergio Casal. Os prebenxamíns B, os máis pequenos, perderon 0 a 7 contra o Cariño de segundo ano, mentres que os infantís golearon 5 a 1 ó Racing de Ferrol con goles de Keko (2), Pablo (2) e Marcos Casal.
En partidos xogados fóra, primeira victoria do Alevín B que gañou 1 a 2 en Caranza con goles de Jose e Iván, e derrota do Benxamín A en Cedeira por 5 a 1 (gol de Adrián), un equipo benxamín que ó igual que os alevíns contaban os seus 6 primeiros partidos por victorias, e que seguro que acabarán pelexando polo título con Portuarios, Eume e Cedeira.

Nova cortesía de Xóse Ferreiro