Partidos fin de semana do CD As Pontes

O equipo feminino perdeu onte 2-0 en Monforte ante o Monte Forte. O equipo lucense é novo na categoría pero a pesar delo conta cun plantel moito máis veterán que as azuis. Un gol no primeiro tempo e outro nas postrimerías deronlle a victoria ás locais ante un As Pontes que fixo o seu mellor partido no que vai de temporada, e suma un triunfo, un empate e dúas derrotas nas catro primeiras xornadas. As azuis seguen co seu particular mal fario, pois ás ausencias de dianteiras de anos anteriores como Paty Blanco, Mar, Nerea ou Diana hai que sumarlle agora as lesións de Patri Dopico e Chipy, co que o cadro de Salido queda coxo arriba. Xogaron Leti, Yaiza, Silvia, Jani, Mireia, Lara, Laura, Alba (Natalia 77´), Nato (Cris 63), Carlota, Chipy (Janira 26 – Sabela 67). A próxima semana reciben a visita dun oso duro de roer, un dos favoritos da categoría, o Pastoriza, anque as azuis tirarán de casta para tentar sacar o partido cara adiante. (Xentileza de EMMA).
cdaspontes_01.jpg


cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
O xuvenil de Liga Nacional adestrado por Carballo perdeu 4-1 en Meicende contra o Ural, e en cinco encontros de Liga sólo suma un punto e pecha a táboa clasificatoria. O vindeiro sábado contra o Lalín necesitará do apoio do público no Campo do Poboado.
O xuvenil da Liga da Ría empatou en Perlío (1-1) e con unha victoria e catro empates sitúase sexto na clasificación e este martes ás 11:00 recibirá ó Cebarca en partido correspondente á sexta xornada.
O equipo cadete logrou a goleada da xornada tras vencer 17-0 ó Miño. Iván Rodríguez alineou a Manolo, D.Picos, Jandro, Adrián, Marcos, Alberto, Tiny, Luis, Pablo, Alex e Diego Filgueiras. Na segunda metade entraron Ignacio, Angel II, Keko, Miguel e Angel I. Os goles foron marcados por Tiny (4), Lucho (4), Diego (4), Miguel (3), Marcos (1) e un en propia meta. O As Pontes, con dúas victorias e unha derrota é sexto.
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
O equipo infantil, que este ano non poderá contar con Enrique Fornos que cun ano menos xoga no Cadete do Deportivo da Coruña, segue tendo un gran plantel e comezou con bo pe a Liga. A semana pasada venceron 0-6 en Mugardos e esta semana o triunfo foi máis axustado, 3-2 ó Val, goles de Alex Fernández (2) e David Rey. Marcos Roca alineou a Ángel, Brais Martínez, Iván, Ángel Caínzos, Jorge, Hulk, Brais Blanco, Alex F, Nahúm, David Rey e Iván Jarel. Na segunda metade entraron Alberto Dasilva, Alex Blanco, Vázquez, Jose e Iago. A semana que ven xogarán contra o Galicia de Caranza.
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
O Alevín A gañou 0-6 ó San Pedro, goles de Jorge Saavedra (3), Pedro, Martín e Josiño. Tras vencer a semana pasada 8-4 ó Ánimas son líderes e a vindeira xornada recibirán ó Val B.
O Alevín B tamén venceu ó Val e tamén por 3-2. Xogaron Malena, Sergio, David Otero, Alex, S.Fraga, Diego Orejas, Alberte, Diego Criado, Eloi, S.Cazás, Bruno e Manuel. Marcaron Bruno (2) e Sergio Otero. A próxima semana xogarán contra o EFR Ferrol.
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios