Amigus
As Pontes

Party en Viveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Os veciños de Viveiro están a celebrar dende onte a súa primeira party. E fano por todo o alto, nada máis que 8.500 euros de presuposto e 5.000 en premios. Noraboa rapaces.

partyviveiro.jpg


Os días 15 e 16 de maio celebraranse en Viveiro as primeiras xornadas “@RRO@” de Informática, onde terán lugar conferencias, talleres e un party.
A inscrición continúa aberta para cubrir as últimas prazas existentes, podendo realizarse nas distintas tendas de informática de Viveiro colaboradoras (Futures, Iafidi, PC Coste, Quasar) ou no propio Concello (982560128 ou concello@viveiro.es).
Só terás que levar o teu ordenador, que poderás conectar á rede por medio de conexións rj-45 ou de modo inarámico se dispós dunha tarxeta de rede inarámica.
Dentro do party haberá premios aos concursos de xogos, deseño e modding por un importe de até 5000 euros. Asimesmo, os premios poderán quedar desertos se o xurado o estima oportuno.
ACTIVIDADES:
1. PARTY.
SÁBADO 15 E DOMINGO 16
no Pavillón Polideportivo dos Institutos:
Concurso de deseño, Concurso de modding, Xogos.
Só terás que traer:
CPU, monitor, rato, teclado, cableado, tarxeta de rede Ethernet con conexión (RJ-45) ou tarxeta de rede inarámica, regleta de enchufes.
2. XORNADAS DE INFORMÁTICA
(entrada libre):
SÁBADO 15
-Tarde:
Sala Centro Comarcal:
16-18h: ponencia sobre a plataforma Linex, a cargo de Juan Antonio Esteban e Javier Peña, co-presidentes de Lambdaux.
18-19h: ponencia “Redes privadas virtuais sobre Tecnoloxía ADSL e Protocolo MPLS (Net LAN)”, a cargo de Manuel Mena García (Telefónica).
19-20h: ponencia “Innovacións tecnolóxicas para mellora-la competitividade da pyme: solucións inarámicas”, a cargo de Florentino Vázquez e José Manuel Barros (Wirelessgalicia).
DOMINGO 16
– Mañá:
Pavillón Polideportivo (Institutos):
11-13:30h: Taller de Photoshop, a cargo de Xulio Villarino.
Fonte: viveiro.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios