Usuarios de software libre e empresarios galegos posiciónanse en Santiago en contra da Directiva Europea de Patentes
Lendo codigocero.com:
“A Directiva Europea de Patentes foi posta en tela de xuízo na sede do BNG en Santiago, onde se desenvolveu unha xornada informativa organizada pola Fundación para a Libre Infraestructura da Información (FFII), representada polo galego Suso Baleato. No acto, que contou coa presenza do europarlamentario Camilo Nogueira _un dos políticos máis posicionados en contra das patentes_, participaron empresas, medios de comunicación e colectivos de usuarios de software libre do noso país.”…
…”Os convocantes incidiron na necesidade de unir na mesma causa ás pemes dedicadas a programación e ós usuarios de software libre en xeral, posto que os seus intereses veñen a ser os mesmos. Ó longo da charla, Suso Baleato afirmou que a directiva devandita está a coartar o desenvolvemento do software: Todo está patentado”.
E continuou: “Dende o dobre clic ata as pestanas de opcións, patentadas coa finalidade de que o que se faga a partires de aí non acabe competindo coas majors. A realidade é que non hai recursos para reaccionar cando unha gran multinacional che impón unha demanda. Estamos nunha situación en que non só se permite a patentabilidade senón que as grandes corporacións resérvanse o dereito a publicar as patentes. Unha vez prantexado o problema, os asistentes á mesa redonda enumeraron as posibles (máis ca probables) liñas a seguir: Por unha banda visibilizalas patentes, e as nosas camisetas reivindicativas son unha mostra disto que queremos comunicar, afirmaron, dando a entender que a nosa causa favorece a creatividade… e tamén temos que contactar cos parlamentarios europeos, concluíron. Camilo Nogueira, ó xurdir na conversa a cuestión da patentabilidade e ata onde poden chegar os seus límites, fíxolle as seguintes preguntas ós presentes: ‘Pódese patentar o Teorema de Pitágoras? A regra de tres?’.”
Fonte: codigocero.com