Amigus
As Pontes

Páxinas para odiar

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo elmundo.es:
“Dous meses despois dos atentados de Madrid, as web ultras deixaron de apuntar a vascos e xudeus e céntranse en propaga-lo odio contra os ‘moros’. Accións como as da Plataforma para o Diálogo Interrelixioso contéstanse dende páxinas web de ultradereita.”…


…” ‘Estou farto destos moros de m… Deberiamos ir con pedras e paos e tirarlles as súas p… mezquitas’. Que escriban unha mensaxe coma esta nun foro ulltra non deixa de ser unha bravata. Pero que un pouco máis abaixo aparezan os datos de tódalas mezquitas de España é síntoma de que, dende o 11-M, o odio se extende por Internet.
Ó bucear pola parte máis obscura da Rede, compróbase que xurdiron novas páxinas que fomentan a islamofobia. Na web StopInmigración, creada o mes pasado, ademáis de datos sobre as mezquitas, aparecen as direccións postais dalgunhas ONG como SOS Racismo.
O administrador do sitio, apodado Nuremberg, colgou o 20 de abril, aniversario do nacemento de Adolf Hitler, unha enquisa sobre ‘métodos de loita contra a inmigración’. A metade dos participantes optou polos grupos paramilitares e violencia na rúa. Afortunadamente, so eran oito.
No foro de Inmigracionmasiva.com, unha iniciativa cidadá por un mellor control da inmigración -así se definen-, unha mensaxe alenta a delación e as denuncias falsas. Pide a todo aquel que teña un veciño de procedencia árabe, musulmán, marroquí, magrebí, etcétera que o denuncie en segredo á policía ‘só como que levanta sospeitas’. O seu autor anima a difundilo por correo electrónico.
Os partidos de ultradereita tamén se apuntaron. Deixaron de lado os seus tradicionais enimigos -vascos e xudeus-, agora van contra os musulmáns. A tenda virtual da candidatura España 2000, que obtivo 4.200 votos nas eleccións xerais, vende carteis e pegatinas co lema: ‘Asesina, invade e humilla. Este Islam é incompatible coa democracia’. O responsable do seu foro alédase da boa acollida que teñen as pegatinas, ‘moitas pegadas xunto ás mezquitas’.”…
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios