Amigus
As Pontes

Pequeno ‘Blue Gene’, entre os máis potentes do mundo

Lendo sincables.net:
“IBM anuncia o 14 de novembro un ordenador do tamaño dun televisor dunhas 30 pulgadas (76,2 cm) entrou no ranking dos 500 mellores superordenadores do mundo no posto número 73.
Cun rendemento sostido de 1,4 teraflops e un pico de velocidade de 2 teraflops, que equivalen a 2.000 millóns de operacións matemáticas por segundo, un prototipo inicial a escala mínima do IBM Blue Gene/L entrou na lista dos líderes mundiais, a pesares do seu reducido tamaño (aproximadamente un metro cúbico).”…

bluegen.jpg


…”O prototipo do Blue Gene/L ocupa aproximadamente vinte veces menos espacio que o tamaño físico das máquinas da mesma potencia existentes hoxe en día, tales coma os cluster de Linux. Asímesmo, os superordenadores de 2 teraflops de potencia ocupan duas habitacións enteiras.
O novo superordenador de IBM ten 256 nodos e a súa potencia de cálculo nun segundo é equivalente a realizar unha operación matemática por segundo nunha calculadora durante 47.532 anos.
Ó acadar importantes reduccións no consumo da potencia, no custe e o espacio requeridos, IBM está axudando a que a computación paralela se convirta nalgo asequible para as empresas, e nunha ferramenta práctica e accesible para a ciencia e a industria.”
Fonte: sincables.net

También podría gustarte
Comentarios