PONTOIBO CELEBRA O SAN VICENTE

Esta fin de semana o barrio pontés de Pontoibo celebra as súas tradicionais festas na honra de San Vicente, a primeira do ano e unha das de máis tradición e antigas do concello das Pontes e arredores.
Capela-de-San-Vicente-de-Pontoibo-1.jpg


Este santuario preto da vila pontesa data de moi antigo, pois aínda que a capela foi reformada e ampliada no ano 1847, a imaxe de San Vicente ten máis antigüidade, calcúlase nuns cincocentos anos, segundo o lembrado e querido Enrique Rivera Rouco, quen fora cronista oficial desta vila falecido hai uns anos.
A celebración máis importante desta tradicional romaría é a poxa de produtos do campo que se realiza o domingo despois da misa e procesión e na que fai de poxador, dende hai moitos anos, un veciño do lugar, o coñecido e popular Salustiano Ameneiro.
O sábado comezarán os festexos coa misa a partir da unha do mediodía, seguida da sesión vermú a cargo da orquestra Emperadores, agrupación musical que tamén actuará na verbena xunto ó grupo Aguazul. O domingo e despois das bombas de palenque, será a misa ás doce e media, seguida da mencionada poxa e posterior sesión vermú na que actuará a orquestra Panamá. A xornada festiva rematará cunha verbena amenizada pola orquestra Panamá.
Nova cortesía de A.F.
Capela-de-San-Vicente-de-Pontoibo.jpg

También podría gustarte
Comentarios