Axenda Cultural As Pontes Primavera 2008

Este venres 28 de marzo iniciamos a programación cultural de primavera do concello de As Pontes que contará con teatro infantil, música (4×4),  danza, contacontos, exposicións e moitas actividades relacionadas coas letras galegas.

Cultura As Pontes Primavera 2008


A programación iniciarase con TEATRO para nenos, o venres 28 ARTELLO TEATRO ALLA SCALA 1:5 representarán  UNHA DE AMOR ás ás 18.00h, no Auditorio M. Cine Alovi, e o venres seguinte unha obra de teatro para nenos de 3 a 6 anos SAPRISTI TEATRO, representarán O SON DAS COUSAS.
O mes de abril será o mes da DANZA, xa que neste mes se celebra o día internacional da danza: o venres 11 DISQUE DANZA, presentarán o espectáculo DAME VERDE, drixido aos rapaces a partir de 5 anos, e coa temática das verduras na alimentación .
O venres 18 e sábado 19 de abril teremos clases maxistrais de HIP HOP, para as escolas municipais de danza e ademais unha exhibición de HIP HOP o sábado 19, impartidas polo grupo de A Coruña AS DRÍADAS.
O fin de semana seguinte os ensaios do venres e sábado das escolas muncipais de Baile Moderno e Danza Clásica serán no parque muncipal, e estarán acompañadas dunha exhibición de BREAK DANCE, polos rapaces ponteses FANEKA MURDER.
Ademais do teatro e a danza, tamén teremos MÚSICA, iniciará a programación musical o xa tradicional festival adicado aos nosos maiores que organiza todos os anos a Rondalla Vila de As Pontes, e que este ano estarán acompañados pola Coral polifónica A Pombiña.
Logo do éxito acadado o ano pasado en As Pontes do programa da Consellería de cultura CIRCUITO 4X4, este ano contamos de novo con el: comezará o venres 18 de abril con FÍA NA ROCA, o sábado 26 estará o grupo de cantareiras FALTRIQUEIRA, o venres 2 de maio QUEMPALLOU, e venres 9 de maio cerrarán o circuíto 4×4 TREIXADURA e ORFEÓN.
O mes de abril é tamén o mes dos libros, polo que na biblioteca haberá CONTACONTOS o mércores 2 de abril (Día internacional da literatura infantil e xuvenil), e o mércores 23 de abril, no que Santi Prego contará CONTOS DA LÚA, para nenos.
No mes de maio, o mes das LETRAS GALEGAS, organizaranse diversas actividades dende musicais ata literarias. o sábado 10 de mio a Banda de música ofrecerá un concerto con instrumentos tradicionais adicado ás letras galegas; o venres 16 de maio entregarase o premio do I Certame Letras Galegas “As Boliqueiras”, organizado pola Mesa pola normalización lingüística, e o sábado 17 teremos un concerto do grupo infantil e xuvenil MAMÁ CABRA.
Cortesía Concellería de Cultura do Concello De As Pontes

También podría gustarte
Comentarios