PRESENTACIÓN DO CLUB RUGBY FENDETESTAS

O equipo pontés disputa este sábado a promoción de ascenso á 1ª Galega contra o Muralla de Lugo

Este domingo fixo a súa presentación oficial no campo Monte Medulio o Club de Rugby Fendetestas de cara a vindeira tempada. Estivo presente no acto o concelleiro de Deportes pontés, Chicho Tembrás.

De seguido o equipo realizou unha pequena sesión de adestramento e dentro duns días, concretamente o sábado 8, disputa, a partido único, a eliminatoria de ascenso á Primeira División Galega contra o Muralla de Lugo, equipo descendido desta categoría e que foi repescado para esta eliminatoria contra o cadro pontés, que acadou a segunda praza na Segunda División. O encontro xógase en Lugo a partir das cinco do serán (17,00). Lembrar que na primeira eliminatoria de ascenso perdeu o Fendetestas ante o Lalín.

Será o novo adestrador do Fendetestas Javier Díaz “Huesy”. Como axudante terá a Xosé Cendán e retornan ó plantel do conxunto pontés, despois de dous anos de ausencia, Pibe Gallardo e Moeche.

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios