Amigus
As Pontes

PRESENTACIÓN DE O ESTEO FS

Fíxoo este luns no Pavillón da Fraga con catro novidades nas súas filas

O Esteo pontés de fútbol sala iniciou este luns os adestramentos de pretemporada da que será a súa sétima campaña consecutiva na Segunda División B do fútbol sala español. Ao mando seguirá o tándem de Óscar Vigo e David García, e continúan do ano pasado, ata o momento, os porteiros Javichu e Cal, e os xogadores Héctor, Rober, Jacobo, Cokito, Alex, Troncho e Dani, sendo baixa Ayala e Bruno.

Hai catro novidades no plantel con respecto á campaña pasada, un vello coñecido como Martín, o que fora máximo goleador do equipo na 2017-18, con 28 tantos, que regresa tras unha temporada no Ventorrillo. Do mesmo equipo chega o ala Adrián Matos, do Unión GR9 procede o porteiro Marcos Faílde, e o experimentado cierre Jhony, Campión en Chipre, recala no clube tras unha temporada en Italia.

O Esteo estrease na liga visitando ao debutante Gijón Playas e pecha a competición co derbi en Narón. Pese a que o máximo obxetivo nunha categoría tan complicada debe ser a salvación, tentará superar o magnífico quinto posto da campaña pasada, a mellor clasificación nas súas seis campañas na Segunda B, que supera con moito o oitavo posto da 2016-17 e 2017-18. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios