PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE A HISTORIA DO CD AS PONTES

Onte ás sete da tarde tivo lugar no Concello o acto de presentación do libro “Clube Deportivo As Pontes. 50º aniversario da súa federación”, escrito por Antón Ferreiro, coa colaboración de Xose Ferreiro. No acto estiveron presentes o Alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, a Diputada Provincial e Concelleira, Montse García, o presidente do clube, Xaime Castro, ademáis de Kiko Da Silva (BNG), Sara Prada (PP), os futbolistas da primeira plantilla do CD As Pontes, directivos e adestradores do clube pontés e demáis público.
O libro, editado polo clube pontés e coa financiación da Deputación da Coruña coa intermediación de Montserrat García,
é un laborioso traballo que conta con cerca de 300 folios, onde se pode ver a historia dos comezos do fútbol pontés, dende 1933 a 1960, a federación do clube e os seus cincuenta anos de historia ata o 2010, incluíndo a totalidade de partidos, clasificacións e planteis, o palmarés dos equipos de base, todos os escudos, presidentes e directivas do clube, e ó redor de unhas 300 fotografías dos distintos equipos.
Ó final do acto, o clube tivo a boa iniciativa de obsequiar con un exemplar a cada un dos asistentes, e os autores, ademáis do Presidente e o Alcalde asinaron os libros a preto dun centenar de persoas.
Editaronse uns 2000 exemplares do libro, dos que se fará cargo o Clube Deportivo As Pontes.
cd_aspontes_001.jpg


cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
cd_aspontes_001.jpg
Fotografias cortesia de Begoña Ferreiro e Erika Caaveiro.

También podría gustarte
Comentarios