Pretec anuncia lápices USB de 16 GB
Lendo todo-linux.com:
“Os lápices de memoria USB de próxima xeración están a caer: Pretec é a primeira compañía que anuncia un dispositivo de memoria Flash capaz de almacenar 16 GB de información. O novo I-Disk I ten unha capacidade superior a tres DVDs normais ou 23 CDs. Ten espacio para almacenar unhas 10.000 imaxes dixitais ou 4.000 arquivos de música MP3. Pretec asegura que este lápiz de memoria funciona a unha velocidade x166, cun ratio de transferencia de datos de 25 MB por segundo.”…
Fonte: todo-linux.com