PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 10 – PONTEVEDRA RC 7

Sufrida primeira vitoria do conxunto pontés

O Fendetestas pontés de rugbi venceu na mañá deste domingo ó seu homólogo do Pontevedra por 10-7 logrando a súa primeira vitoria da tempada e achegarse así un pouco na táboa ó equipo da cidade do Lérez.

Os verdes marchaban ó descanso con 10-0 con ambos ensaios de Antonio, pero no comezo do segundo período os visitantes recurtaron distancias cun ensaio e o posterior lanzamento a paus, co que se poñían a tres puntos.

A pesar de sufrir moito nos últimos minutos, os ponteses defenderonse como gato panza arriba e logran a súa primeira vitoria e os conseguintes catro puntos.

Lidera Ferrol con 29 puntos, por 24 de Os Ingleses, 14 de Crat B, 10 de Coreti Lalín, 7 de Pontevedra e 5 xa do Fendetestas.

Xogaron Anxo, Gallardo, Antón, Andrés, Víctor, Pablo, Toño, Robert, Antonio, Roberto Río, Diego, Nathan, Rafa, Óscar e Asier, entrando despois Xose, Ramón, Alejandro e Roberto García.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios